A Voz de A Lama
Comezo hoxe a miña semana de consumo de medios dun xeito un tanto especial. Porque o meu día non o marcou unha información publicada no País, no Mundo, nin en calquera outro medio de comunicación corrente. Hoxe A Voz de A Lama foi quen verdadeiramente levou “a voz” cantante no meu día.
Eran escasas as 11 da mañá e chegaba ás miñas mans un exemplar desta revista. E é que, dúas compañeiras nosas tiveron a oportunidade esta fin de semana de visitar as instalacións da cárcere de A Lama, en Pontevedra. Máis en concreto, puideron visitar o estudio de radio dende o que moitos dos internos se converten en xornalistas e outros en espectadores. Unha emisora que naceu hai xa un ano e que, aínda que soamente emite no centro, permite aos internos estar moito máis achegados á liberdade e á realidade.
A Voz de A Lama, as historias e informacións que se poden ler no seu interior e o relato das dúas compañeiras foron quen de suscitar, tanto en min coma nelas, diferentes emocións. Nelas sentimento de humildade, de empatía, de confianza no ser humano e, sobre todo, de necesitade de contar, transmitir e compartir a experiencia alí vivida. En min sentimento de nerviosismo, de agradecemento por compartir esa vivenza que non está ao alcance de moitos, ademais dunha envexa moi sana de querer e non poder.
Hoxe o xornal e a radio de A Lama foron capaces de crear expectación, comunicación e emoción. Estou segura que El País, Antena 3 ou Cadena Ser non o serán. Polo menos, non do mesmo xeito.
Deixovos unha reportaxe feita por Localia Vigo con motivo do comezo da emisión de “A” Radio.
María Quintiana Pérez, TGP 3Q
Posted on 28 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Consumo de medios, Documentos, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. 3 Comentarios.
Muy interesante el post sobre la radio de la prisión de A Lama, está completo, escrito con claridad y además incorpora elementos audiovisuales. Todo esto está muy bien, pero falta una pequeño elemento que resulta ser el más importante de todo el trabajo, y que no aparece en este post; me refiero a como los medios de comunicación, en este caso la radio A Voz de A Lama, fomenta tu comunicación con las demás personas de tu entorno. Espero que para el próximo post sobre consumo de medios no te olvides de tratar este tema, que es realmente importante en este trabajo. Es un consejo.
Dende o momento en que eu vos puiden facer chegar co meu post o que as miñas compañeiras sentiron ao ir á prisión de A Lama, visitar os seus estudos de radio, como viviron elas a experiencia e como me sentín eu a escoitala, creo que xa se pode dar por feito que houbo comunicación. Se non a houbese non estaría en condicións de facer referencia á maioría das cousas que integran este post. Non sei, ao mellor estou equivocada, pero creo que neste pedaciño do relato reflexo iso:
“A Voz de A Lama, as historias e informacións que se poden ler no seu interior e o relato das dúas compañeiras foron quen de suscitar, tanto en min coma nelas, diferentes emocións. Nelas sentimento de humildade, de empatía, de confianza no ser humano e, sobre todo, de necesitade de contar, transmitir e compartir a experiencia alí vivida. En min sentimento de nerviosismo, de agradecemento por compartir esa vivenza que non está ao alcance de moitos, ademais dunha envexa moi sana de querer e non poder.
Hoxe o xornal e a radio de A Lama foron capaces de crear expectación, comunicación e emoción. Estou segura que El País, Antena 3 ou Cadena Ser non o serán. Polo menos, non do mesmo xeito.”
Neste caso, non foi a información ou noticias que se puidesen dar, tanto na publicación impresa de A Voz de A Lama como nunha retransmisión da súa radio, as que crearon comunicación. O que a creou foi o feito de coñecer, a través das nosas compañeiras, como os internos desa prisión teñen a posibilidade de facer algo, neste caso contar con dous medios de comunicación propios, para escapar da realidade que supón a cárcere. Eso foi o que creou comunicación interpersoal.
Esta radio de la cárcel pone de ejemplo la importancia de las experiencias a la hora de ser periodista. Probablemente esas personas tengan mucho más que decir que unos estudiantes de periodismo. Por eso pienso que para ser periodista, es fundamental conocer mundo y conocer a personas, más allá de nuestro círculo habitual y que, poco a poco, nos irán formando en la profesión.
Blanco Soage Lena