En Bergantiños tamén falan por onda comunitaria!
Radio Roncudo é a radio alternativa da bisbarra de Bergantiños. É unha emisora de radio libre, sen ánimo de lucro e propiedade da Asociación de Veciños “Eduardo Pondal” de Corme.
Dende Radio Roncudo faise radio para a comunidade e foméntase o cariño polo medio entre os que teñen o gusto de facelo.
Radio que non recibe ningún tipo de axuda oficial, polo que todos os que participan nela axudan a mantela. Fano de dúas maneiras:
1. Os que emiten programas en Radio Roncudo pagan unha cuota mensual de 15 euros.
2. Por outro lado, están os aboados. Pagan 20 euros ó ano e poden escoitar Radio Roncudo a través da internet.
Por último, Radio Roncudo forma parte da rede de radios libres e comunitarias galegas: Radio Piratona de Vigo, Radio Kalimera de Compostela, Cuac FM da Coruña, Radio Clavi de Lugo, Radio Filispim de Ferrol. Unha rede que funciona de xeito ceibe e igualitario, e que teñen entre os seus obxectivos o do recoñecemento social da súa labor.
Paula Vázquez López.
Posted on 28 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Colaboracións, Comunicación Local, Radio. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
A verdade é que un nunca se deixa de sorprender. Habituados como estamos a radios de tal alcance mediático e de extensión, poucas veces son as que nos detemos a meditar sobre a realidade cotiá en medios de comunicación local. E é nestas onde se vislumbra unha verdadeira e sincera cooperación de todolos integrantes; á vez inexcusable e ensalzable. Quizais sexa unha alternativa partir do xeral para comprender o particular, pero este mesmo local pode ser ó mesmo tempo o inicio da asimiliación do global.
No creí que se hicieran este tipo de proyectos radiales en Galicia, hasta el momento no habia conocido de radios comunitarias, en latinoamérica son muy extendidas y naacen precisamente de este sentimiento casi romántico de defensa y compremiso social con la comunidad, una característica de este tipo de medios que no estan influenciados por empresas o ideologías a las que se tengan que limitar.