Nenos… que se pode facer con eles?

Por fin fixemos as enquisas, aínda que o noso nos custou. Entre os “isto non se entende”, e os “está escrito mal, non é Jhonas, é Jonas”, a verdade e que nos entraron ganas de mandar calar os rapaces máis dunha vez. Anxiños.

O xoves chegamos ó Peleteiro un pouco máis tarde da hora acordada, pero deixáronnos pasar as aulas despois do recreo. Cos alumnos de sexto non houbo ningún problema, posto que o profesor estaba vixilante, mantendo a ralla as travesuras dos rapaces. Con quinto non foi o mesmo: a mestra deixounos solos ante o perigo e tivémonos que  enfrontar ós risos e as argalladas dunha trintena de nenos que pouco máis tiñan que facer que perder o tempo… e facérnolo perder a nós.

Con todo isto, xa fixemos algúns esbozos do que poden ser os resultados… é o certo e que nos sorprendeu a pouca cantidade de produtos Disney Channel que os rapaces exhibían na escola.

Mais non todo foi meterse ca nosa enquisa. Tamén nos quedaron anécdotas. Por exemplo, aquel neno que cun inmenso sorriso nos dixo que non nos preocupáramos pola cantidade de series que vía en Disney Channel, porque as vía todas. Ou aquela que nos preguntou cal era o nome daquela serie onde aparecía un negro…

Por outro lado, unha das nosas compañeiras debatíase ca entrevista real. A nena que se prestou a “saír na tele” non cabía en si dos nervios. No primeiro intento a rixidez impediulle dicir algo máis que “sí” ou “non”. Na segunda, e dista vez a vencida, o problema da súa inquietude por ser “famosa” solucionouse grazas a un calcetín… os resultados, a continuación:

TGA 3A2

Posted on 28 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Al parecer llevan buena parte adelantada de su trabajo, ahora esperamos saber que conclusiones salieron de esos cuestionarios, preguntas como las que le hicieron a la niña del vídeo, hicieron a los niños del colegio? Consideramos muy oportuno este vídeo, es una muestra de lo que los niños sienten al ver estas series y con quienes se estan identificando y lo que aspiran.

  2. Ángel Miranda Ramos

    Xa se sabe o que pasa cos rapaces, non sabes por onde che van saír. Hai que ter un pouco de paciencia con eles, porque senón toleas. Moi gracioso a nena que casa lle corta a circulación ao pé por darlle tantas voltas ao calcetín. Espero que as respostas que vos dean vos sexan útiles. Boa sorte e para a próxima vez, paciencia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: