Tuenti capítulo 4: Un psicólogo sen carreira
Esta semana falaremos das marabillosas virtudes do Tuenti coma psicólogo ao que algúns dos seus usuarios recorren.
Unha ruptura amorosa, unha discusión paternal, un suspenso ou, pola contra, unha alegría ou un triunfo persoal son temas habituais para escribir un estado. Ao mellor tamén interesa buscar o ánimo da xente, que se compadezan dun.
Así se interesan por el ou ela e pode desafogar e sentirse mellor. Non sería máis sinxelo contarllo a alguén da confianza dun que de verdade poida axudar a avanzar e mellorar?
Grupo 3b1
Posted on 28 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Laboratorio (TGA´s), Redes sociais. Bookmark the permalink. 14 Comentarios.
Despois dos 3 anteriores vídeos vexo máis do mesmo no cuarto. E é baixo miña opinión un erro de base no plantexamento. Partimos de que Tuenti é unha rede social, para interaccionar cos demais, e a partir de aí comezamos. A interacción baséase na comunicación, no contar a vida, no mostrarte como eres. Logo, hai xente que utiliza tuenti como modelo de comunicación para falar con seus amigos sen colgar fotos de súa vida ou pondo estados chorras que non revisten nada do seu momento como outros que o toman máis “en serio” e comentan a súa vida. Problema, ningún. Hai casos extremos, derivados da falta de madurez, cultura, base, intelixencia ou estudos -si, dura pero na miña opinión real esta afirmación – que a moitos unha ou máis veces nos ocasionaron unha risada por quererse mostrar diferente a na vida real, contar excesivamente seus problemas ou enfermidades e ter a Tuenti como a base da vida. Pero son casos derivados de algo do anterior, e na vida real tamén vemos xente así.
Polo tanto, quero dicir que o mundo virtual non é tan diferente do real, e o respeto comeza por respetar, máis onde este mundo virtual está creado para interaccionar. Ademais, creo que en moitos casos estades prexulgando e dades a mostrar á xente da que falades como escoria coas frases tan directas que queredes mostrar. Sen acritude eh.
Cremos que nós tamén partimos dese plantexamento: as redes sociais non son nin máis nin menos que outro medio de comunicación a través do cal a xente interactúa. Entendemos tamén que hai moitas persoas que poden expoñer o mesmo grao da súa vida privada tanto na vida real como no tuenti, facebook, etc. Non descartamos que sexa unha relación directa, pero cantos de nós non nos sentimos nalgún momento proclives a escribir deste tipo, cando na nosa vida cotiá nos negaríamos ou nos amosaríamos máis reticentes? Para finalizar, cremos tamén que hai un erro extendido entre os nosos compañeiros. Os nosos post do TGA son casos levados ao extremo, para que resulten amenos e levadeiros. Non tratamos a ninguén coma escoria posto que son prácticas que temos que admitir fixemos nalgún momento. A ver cando queda claro que o que hai que criticar redúcese a esas 10-15 liñas de aí enriba mailo video, que o traballo é cousa nosa (e só nós sabemos cómo será). Sen acritude tamén.
A ver, en primeiro lugar felicitarvos polos vosos máis que polémicos post, estades creando debate, que ao fin e ao cabo é o que se pretende con esta ferramenta. Como dixen en anteriores comentarios, vexo que tendes máis que asimilado o que queredes conseguir con este traballo, e realizades suxerentes e vistosos vídeos para alcanzalo.
Pero, non todo van a ser parabéns, compañeiros!. Vexo unha eiva no voso traballo, é que estades explotando un punto de vista, só un, traballando unicamente nunha soa perspectiva: “dóeme a cabeza e coméntoo en tuenti”, “deixoume o mozo e dígoo en tuenti” “a miña amiga é unha zorra e publícoo en tuenti, “suspendín radio e anúncioo en tuenti”…Vamos, a xente que non ten vida e a falla de novas fotos para subir, converte o tuenti en Radio Patio.
Sodes repetitivos de máis. Creo que a todos nos quedou máis que claro a dirección que seguides. Eu de vos tiraría por outra banda, sen desligarse do asunto central.
Non é que estemos traballando cun único punto de vista, senón que no noso traballo estamos mostrando as formas máis claras de exhibición e ostentación da privacidade a través do tuenti, para que se vexa o mellor posible este fenómeno, en ningún caso dicimos que sexa a maioria, pero non se pode negar que é unha realidade que esta aí, nos nosos tuentis. Claro que explotamos este punto de vista, o noso traballo consiste en parte en iso, en amosar a privacidade, e ademais temos que xerar debate e comentarios, para iso estamos explotando un punto de vista que poida interesar a xente e facerlle comentar, se dixeramos que no tuenti ninguén publica nada privado e que se usa só para preguntarlle os demais se están ben ou mal, non teríamos traballo. Como xa dixemos noutros posts, nós mesmos e seguro que vós tamén usastes o tuenti como psicólogo máis dunha vez.
TGA 3b1
siempre tocan un buen aspecto del tema, sería bueno que dijeran un poco de sus experiencias como usuarios, que más de alguno del grupo lo será y así aclarar un poco si se recurre como a un psicologo o no? Creemos que deberían de hacer más o menos un recuento de las mayoría de cosas y cómo se dicen, ya sea celebraciones o alguna ruptura o pérdida.
Como usuarios es cierto que alguna vez hemos puesto algún estado de este tipo. No nos avergonzamos de ello, simplemente somos víctimas del fenómenos tuenti.
TGA 3b1
Sen dúbida este TGA está a ser un dos máis interesantes do blog. ¿O motivo? Quizáis os vosos videos. Neles resumese a vosa procura da semana de xeito ameno e divertido. Ademáis en estes catro capitulos que levades todos vimos a alguen que nos recordase a algún “tuentiamigo” noso.
Pero, sempre ten que haber un pero, e empezo a pensar que quizáis vos estades a ir do eixe central do voso traballo. Aínda non comezamos a ver conclusións, só afirmacións. Quizáis me equivoque.
E con respecto a este post en particular, credes que expresar sentimentos a través dunha rede social, neste caso no Tuenti, é peor que montar un número no medio dunha rúa ou da facultade? Ao fin e ao cabo, a xente que expresa tan abertamente os seus sentimentos é capaz de facelo na rede e na vida “real”, non?
Estamos guardando las conclusiones para el post final, de momento lo que nos interesa es exponer las actitudes que estamos estudiando.
Y con respecto a lo de expresar sentimientos…. nunca dijimos que sea peor. Simplemente es una forma. Si montas el numerito por la calle te verá la persona a la que se lo montes y gente desconocida. Si lo publicas en tuenti todo tu circulo de conocidos sabrá que te pasa algo.
TGA3b1
Coma sempre, un video moi interesante, e con toda a razón do mundo moitos rapaces está utilizando esta rede social como psicólogo e creo que isto debe cambiar, todas as persoas podemos ter un día malo, pero o que necesitamos, como ben dicides vos, é falar con alguén de confianza. Isto se que se pode empezar a considerar un problema xa que poderíase empezar a perdes esa comunicación interpersoal coas persoas que están no teu círculo máis cercano.
Pero eu propoño tamén outro punto de vista, ¿non pensades que esas publicacións son tamén para chamar a atención e sentirte máis importante?
Unha vez máis esqueceuseme firmar. CRISTINA CABANA
Es cierto que en muchísimas ocasiones es para llamar la atención, incluso para comprobar quien se preocupa de preguntarte qué te pasa y quién no.
TGA 3b1
Chicos, el vídeo no se puede ver… Intentad arreglarlo que seguro que está igual de bien que el resto que llevais poniendo!
Leyendo el texto creo que pillo de lo que estais hablando. Yo digo lo siguiente: Seguramente esa gente que está desanimada por lo que sea, ya lo ha hablado en la vida real… Ya sea con alguien de su familia, con algún amigo…. Ahora, ¿que quiere poner en el tuenti que le anime más gente? Pues adelante, ¿por qué no? Quiero decir, para mi es fundamental que el apoyo lo tengas en las personas que te quieren de verdad (amigos muy cercanos, tus padres, tus hermanos)… teniendo eso, lo demás me parece secundario. A alguna gente le llega, otra tiene la necesidad de ponerlo ahí y que le sigan animando… Bueno, si eso va a ayudar a la persona a sentirse mejor, ¿por qué no?
P.D.: vuestros posts siempre geniales 😀
Andrea Fernández Alejandre, 2A1, 2G
Sobre el vídeo si que se puede ver pero tienes que darle al link que sale cuando pone que no se puede ver en ciertos sitios.
Cuando alguien esta mal, logicamente necesita el apoyo de la gente para animarle o hacerle sentir mejor, tanto en persona como a través de las redes social, ¿pero realmente quieres que todos tus contactos sepan lo mal que estas o que necesitas que te apoyen?
TGA 3b1
Interesante TGA, e quizá teña como motivo principal que os vosos vídeos sempre son moi divertidos e sempre intentades resumir o que levades de traballo neles. Ademais debo dicir que, aínda que non teño tuenti, todo o que contades sempre o podo relacionar con algún compañeiro que si o ten e que lle ocorre aquilo que describides. Un consello, que sabedes o dito, consellos vendo pero para min non teño,xa é hora de que comecedes a concluír e que coñezamos directamente a vosa postura. En canto ao de expresar os sentimentos na rede non me parece, pero eu son máis partidario de facelo coa xente que está a meu carón, amigos, familiares, … aínda que se a alguén iso non lle chega, parece moi ben que o faga nas redes sociais.