En Portada: Conclusións do debate sobre o Twitter

Tras unha longa estancia deste debate no blogue , os integrantes do grupo de Crítica e Corrección dos grupos 1 e 2 queremos agradecervos con sinceridade a vosa activa colaboración no tema. Sen vós, este debate non tería existido, moitas grazas. A continuación, incluimos un breve resumo coas ideas máis salientables (e repetidas) polos compañeiros en torno ó tema Twitter.

A maioría de comentarios xiraban en torno á idea de que Twitter non só non remata coa comunicación interpersoal, senón que se trata dunha nova e poderosa maneira de transmitir información, se ben é certo que xa antes que Twitter existían outras redes sociais que, se ben cumprían a mesma función que este, tamén a melloraban (como Facebook).

As grandes vantaxes salientadas de Twitter son, esencialmente, dúas: a gratuidade do seu emprego e a posibilidade de romper as barreiras espacio-temporais á hora de emitir información. Se ben é certo que cada tweet enviado pode caer nunha malinterpretación se non forma parte dun contexto común a emisor e receptor, na meirande parte das ocasión isto non acontece.

En canto ó contido comunicativo, reflectiuse especialmente a necesidade de automagnificarse mediante a creación dun ente ficticio e idealizado, símbolo das nosas derradeiras expectativas. Recoméndase ser auténticos e non pretender ser quen non somos.

O xornalista atopa un gran filón informativo no Twitter, posto que o seu emprego adecuado permite recurrir a el como fonte fidedigna, sempre renovable e dispoñible. A información que se verte nestes espazos é administrada de forma voluntaria, de xeito que se un decide, por si mesmo, revelar certos datos confidenciais, é só a súa responsabilidade da-la cara por eles.

Insistiuse especialmente na necesaria moderación do seu emprego para non rematar coas auténticas relacións cara a cara. Convertirnos en dependentes virtuais é algo a evitar obrigatoriamente, hai que soslaiar o feito de chegar a ser adictos a Twitter ou calquera outra rede social.

Existiu unha minoría crítica co emprego de esta rede social e doutras semellantes, alegando unha visión apocalíptica na que estas redes rematarían por sorber a nosa cotidianidade e crear unha absoluta dependencia.

Grupo de Crítica e Corrección 1-2.

Posted on 29 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: