El jardinero Fiel

¿Víches algunha farmacéutica facer algo gratis? Con esa pregunta Tessa inicia unha investigación para descubrir unha trama farmacéutica que emprega África como instrumentos de investigación. O seu asasinato fará que o seu home, Justin, inicie unha busca para coñecer a verdade sobre a morte da súa muller. Pero cando está en xogo o futuro do primeiro mundo, non importan os medios  que se usen para calar unha boca que mostra verdades demasiado incómodas.

 

El jardinero fiel abriu onte o noso ciclo de cinema facéndonos reflexionar sobre cal é o trato que lle estamos a dar a África e cales son as nosas intencións con respecto a ela. ¿É unha mercancía que serve como chivo expiatorio ou é  un ben común ó que nos adaptamos? Pero tamén deberíamos pensar cal é a liberdade de actuación dos xornalistas con respecto ó poder.  ¿Favorecen os medios de comunicación os abusos de poder? O silencio que eles adoptan cara a estes temas non é unha mostra da nosa propia falta de conciencia crítica?

Despois de ver El jardinero fiel deberiamos ser quen de respostar a todas estas dúbidas que nos asaltan. Para todos aqueles que a perderon onte, recomendámoslles que lle boten unha ollada.

Polo de agora convidámosvos á próxima cita, este mesmo xoves,  na que Biko e os seus tomarán parte no asunto con ese berro descarnado ao son de “Grita Libertad”. Esperamos vervos por alí e grazas aos que acudistes á inauguración do ciclo.

Posted on 29 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Miguel Piñeiro Vázquez

    Non coñecía a película e a verdade que me gustou. Paréceme unha actividade moi lúdica e amena. Seguide así, parabens!
    Con respecto ao tema do filme, creo que este trata un asunto moi de actualidade, e non é outro que as prioridades do denominado “primeiro mundo”. Asistimos recientemente a casos nos que as farmacéuticas antepoñen o seu diñeiro a case todo. Un destes exemplos é o da celebérrima Gripe A por citar algún. Vendeuse coma se fose unha epidemia mortal e perigosa e acabouse demostrando que en países avanzados, non mataría máis cunha gripe normal e corrente. O motivo? Supoño que en época de crise económica as farmacéuticas tamén terán que sacar cartos de onde sexa, aínda que iso signifique poñer en perigo o beneficio colectivo. Así vai o mundo.

  2. Sabela Alvarado

    Non puiden asistir á vosa proxección do filme, pero xa o tiña visto, e para todo aquel q non o vira, recoméndoo.
    Con respecto ao que plantexades (sobre a actuación dos xornalistas con respecto ao poder): realmente é unha cuestión aplicable SÓ a xornalistas? claro está que somos a voz do pobo, quen deberiamos denunciar as inxustizas e demais tópicos. Pero por unha persoa que se rebele, por moito que escriba en ABC, non se fai gran cousa. Na miña opinión é máis ben unha cuestión cultural: todos sabemos o que hai, todos deberiamos actuar. Pero claro, a pasividade é moito máis sinxela.
    Espero poder acudir o xoves. Se a película é a metade de boa que o libro, pagará a pena o esforzo.

    • Cristina Méndez Salgado

      Grazas polo voso comentario. Con respecto a túa pregunta-afirmación de que un xornalista non pode facer moito polo feito de selo polas presións que existen, non pensades que por nós saber como están a ocorrer as cousas, deberíamos movernos máis e deixar a pasividade coa que nos estamos movendo polo de agora, pensando que o noso oficio consiste en traducir comunicados de prensa e facelos noticia.??

  3. Magnífico filme! Eu xa facía algún tempo que a vira por primeira vez e a impresión que me achegou entonces e me segue a achegar é a mesma: cando hai tantos intereses económicos por diante tanto ten a quen se teña que levar polo camiño. O papel do bo xornalismo atopa neste filme un pequeno recuncho, pero coma na vida real, a impotencia é enorme. Estas situacións están a pasar todos os días, é a realidade, a axenda mediática esquecida que moitas veces nunca sae á luz. Eu quédome con esa escena na que Tessa insiste en levar a un neno e a súa nai a súa casa para que non teñan que andar os 40 km que o separan do seu fogar:
    “- No podemos involucrarnos en sus vidas, Tessa.
    – ¿Por qué?
    – Sé razonable, hay millones de personas que necesitan ayuda.
    – Pero a estas podemos ayudarlas.”

  4. Equipo de crítica y corrección

    Muy buena película y mejor reflexión. Es importante la idea que intentáis exponer y de alguna forma debatir. Estamos en una sociedad en la que casi todo vale para conseguir dinero y en la que el poder es el encargado de consentir eso. Un ejemplo: A EEUU le interesaba económica y políticamente que Pinochet estuviera durante años en el gobierno de Argentina, a pesar de cometer los crímenes que cometió; sin embargo en Irak le interesaba más que no estuviera, porque tenía intereses económicos que eran imposibles realizar con el mandatario que estaba. De esta forma poder y dinero van de la mano. Nosotros tenemos la posibilidad de cambiar eso. Tenemos la obligación de comunicar a la sociedad lo que realmente pasa y tenemos muy buenos ejemplos, ¿qué me decís de Oriana Fallaci o de Ryszard Kapuściński?,Ya los habéis olvidado?.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: