O valor da fotografía

Yusuf Ahmad (Reuters)De calquera imaxe do xornal “El País” sempre podes esperar que che deixe abraiada. Son moitas as veces que algunha desas fotografías xeran reflexión, ben sexa a favor ou en contra, ben sexa un simple comentario ou crítica. Hoxe foi unha desas veces nas que unha imaxe non é que sexa mellor que mil palabras, senón que esa imaxe deu pé a esas mil palabras. Esta fotografía, aínda que é do pasado 22 de marzo, serviu hoxe para darnos de conta das diferenzas que existen entre os diversos lugares do mundo. Este é o pé de foto que a acompañaba:

“Un niño toma un baño con agua de mar en una zona residencial en Makassar, Sulawesi (Indonesia). Las Naciones Unidas celebra el Día Mundial del Agua para aumentar la conciencia de la gente de la importancia del agua en el medio ambiente, agricultura, salud y comercio”.

Indonesia, tan preto de Xapón e tan lonxe, polo momento, da súa desgracia. Uns tanto e outros tampouco. E é que, xa non é referirse a Indonesia senón a calquera país europeo. Son poucas as persoas que se dan de conta da sorte que temos de contar con auga potable, descontaminada. Unha auga limpa que sirva para que nenos como o da fotografía podan celebrar o Día Mundial da Auga sen correr ningún perigo. Porque, hai que lembrar que a estas horas existen moitos lugares no mundo nos que esa acción non se pode realizar. Estes días vemos nos medios as consecuencias que tivo a catástrofe nuclear no entorno ambiental xaponés. Hoxe alí sería case un traballo de tolos poder sacar a fotografía que o fotoxornalista de Reuters foi quen de sacar en Indonesia.

O meu segundo día de consumo de medios ocúpao esta fotografía porque xerou comunicación. Comunicación entre rapazas de 20 anos que quedaron abraidas coa beleza da imaxe pero preocupadas polas desgrazas que están a acontecer continuamente no mundo. A imaxe xerou sentimentos de tristeza á vez que dunha necesidade de axudar. A fotografía foi a información que marcou o meu día, a longa conversa entre dúas rapazas que se intercambiaron opinións e sentimentos. En definitiva, un simple neno rodeado de auga foi quen de crear comunicación interpersoal.

 

María Quintiana Pérez, TGP 3Q

Posted on 29 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Puede ser que este post haga referencia a las dietas de medios, pero se coge con pinzas. Es decir, de lo que se trata en este trabajo es de ver que medios consumes a lo largo del día, en un determinado periodo de tiempo, y ver como éstos influyen en la comunicación diaria. Aquí tu esto no lo haces, no hablas de los medios que consumiste, de los contenidos que tratan y como éstos influyen en tu comunicación; sino que mencionas una foto que te llamó la atención hace una semana y la comentas diciendo las impresiones que te causó a ti y a tu amiga. Es como si en tu dieta de medios incorporas un chiste que te contó un amigo hace un mes y lo comentas ahora porque como se lo contaste a tu amiga ayer y fomentó la comunicación lo incluyes en tu dieta de medios. De acuerdo que de lo que hablasteis fue de la una fotografía, pero no era algo que consumieras en ese periodo de la dieta, sino que es de hace una semana.

  2. comunepersoal3

    No, esta es una foto que me impresionó el día que hice esta dieta. “Hoxe foi unha desas veces nas que unha imaxe non é que sexa mellor que mil palabras, senón que esa imaxe deu pé a esas mil palabras. Esta fotografía, aínda que é do pasado 22 de marzo, serviu hoxe para darnos de conta das diferenzas que existen entre os diversos lugares do mundo”. Con repecto a mi manera de hacer los post en esta dieta de medios… Es que simplemente esta fue la imagen que marcó mis comunicaciones interpersonales con respecto a los medios en este día.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: