Políticas indixenistas á mexicana

En México, a radio indixenista ten un papel moi destacado para o fomento da cultura e tradicións nativas (existen uns 10 millóns de persoas segundo o Instituto Nacional Indigenista). Aínda que moitas destas radios se iniciaron na década dos 80, os estudos teóricos e sociolóxicos non comezan ben entrada a década dos 90.

O país americano divídese en dous extractos sociais (e étnicos) grazas á Lei Indíxena, onde se lle recoñece a estes pobos o dereito á libre determinación (Art. 4 da Constitución Mexicana: “La nación mexicana tiene una composición pluricultural sustentada originalmente en sus pueblos indígenas…”). Porén, non se lle concede ningún dereito en materia do uso dos medios de comunicación e é o propio estado central o que impón as condicións. Os estados con maior presenza de radios indíxenas son Tabasco, Chiapas, Yucatán (La Voz de los Mayas, XEPET), Oaxaca, Chihuahua e Michoacán.

Este tipo de radios mexicanas que viven fóra do marco comercial (denominadas como “populares”, “culturales”, “comunitaria” ou “participativas”) elabóranse e gobérnanse no Instituto Nacional Indigenista e os Centros Coordinadores Indigenistas, órganos que pertencen ó goberno estatal, e son unha parte fundamental na vida de moitas persoas das zonas máis rurais e incluso marxinais.

 

Fariña Santos. CL4X

Posted on 29 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: