The Kill Team

É horrible esa sensación que se sinte cando estás no mellor do sono e che sona o espertador as 8 da mañá. E máis sabendo que non tes clase ata as 12… Pero ás veces unha ten que facer esforzos. Antes de levantarme da cama ollei dende o portátil os titulares do País dixital: parece que as conversas con ETA configuran a noticia do día. Polo resto: continúa a situación de tensión en  Libia e Xapón segue en alerta polos vertidos radioactivos atopados en Fukushima.

Una vez na facultade, uns compañeiros amosáronme un álbum fotográfico dunha reportaxe publicada na revista The Rolling Stone, baixo o nome “The kill team”,non apto para xente sensible. Nela relátase e móstrase como uns soldados estadounidenses matan a civís en Afganistán e mutilan os seus corpos, para mostralos despois nas súas fotografías acompañadas cun gran sorriso nas súas cínicas caras. É un crime non só que se faga, senón que se reproduzan fotograficamente estas escenas para que queden para a posterioridade. Non vexo a necesidade de mostrar ditas imaxes nos medios, por respecto ás propias vítimas e ás familias, pero penso que ás veces é o único que nos fai darnos conta do que en realidade está a pasar no mundo que nos rodea. Non falín con ninguén deste tema, pero a visión destas horripilantes escenas, ademais de revolverme o estómago, envelenoume o sentido, e non puiden quitalas da mente en todo o día. A gran pregunta que me fago hoxe é: ata onde chega a maldade humana?

Mentres comía: “Cantando bajo la lluvia”, que as 4 da tarde non son horas de ver  o telediario. Pola tarde sesión “de cine” na sala wifi da facultade, e volta a casa para ver as noticias en Antena3. Mentres, consulto Todogrove.com, que as noticias da miña querida vila mariñeira tamñen me interesa, aínda que non atopei nada reseñable. Finalmente, a última “noticia” que escoito neste martes é a que conta como unha cría de oso panda traba “levemente” á raíña de España… Pois vaia.

Mourelos Mascato TGP3Q

Posted on 29 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. Negocios de guerra

    O que di Sandra é unha realidade, seguramente produto da alienación de consumidores dos países desenvolvidos, nos que o consumo racional de imaxes xa non chega a colmatar expectativas.
    A violencia é, xunto coa pornografía, un dos produtos máis reclamados polos consumidores occidentais de imaxes. Segundo algúns, adormece o espírito de rebelión contra do propio entorno no que habita o alienado. E iso, en certa maneira convén a quen dirixe o noso estilo de vida Eu penso que os sorrisos dos mercenarios exhibindo as víctimas, a parte de monstruoso, é unha evidencia do operativo do negocio. E tamén unha evidencia de que xa non importa ren, que podemos xogar a matar, pero a máis que matar a despedazar, ferir, producir dor, sementar odio,… sería insostible dicir que iso é parte da condición humana. Pero probablemente o é.

    • Sandra Mourelos

      Paréceme moi interesante o que apuntas. Hobbes dicía que nacemos sendo malos(“somos malos por natureza”) e, que dependendo da convivencia na sociedade, co “outro” (relacións interpersonais á fin e ó cabo), desenvólvese o noso lado bo ou o malo. Eu non coincido con esta opinión, creo que para facer este tipo de barbaridades e de crimes non creo que haxa que ter maldade, creo que hai que ser un monstruo. E de quen é a culpa de exista xente así? Da sociedade?

  2. Cristina Méndez Salgado

    A partir do que se decía no comentario, gustaríame saber a vosa opinión sobre unhas declaracións que Alejandro Vázquez, o profesor de publicidade do ano pasado dicía con respecto ás campañas da DXT. El o que dicía era que as campañas agresivas estaban ben durante unha época, pero a saturación facía que nos volvéramos inmunes a elas. A miña pregunta é a seguinte: a saturación de películas violentas, tipo Vin Diesel, Van Damme… fannos ver que a violencia é normal?? A regulación en horario infantil tivo éxito ou os rapaces máis novos seguen sendo igual de violentos ca nós debido a internet??

    • Sandra Mourelos

      A verdade é que por desgraza hoxe en día mostrannos unha imaxe terrible e xa só moi poucos viramos a cabeza para non mirar. Mal que nos pese, xa non hai que ir ao cine ou ao viodeoxogos, hoxe en día os medios mostran a veces imaxes horribles sobre o que pasa no mundo. Que pasa? Certo. Pero igual non hai que ser tan “gráfico” mostrándoas… Eu quero pensar que as novas xeración non son inmunes a estas imaxes…

  3. Equipo de crítica y corrección

    Interesante post y profundareflexión la que haces sobre la violencia en la sociedad, tomando como ejemplo las fotografías macabras de los soldados estadounidenses en Irak. Centrándonos más en lo que a consumo de medios se refiere, observo que has consultado un gran número de medios de comunicación, tanto de ámbito estatal como local (Todogrove.com). Incluso haces una pequeña mención a las noticias más destacadas del día, pero lo que no haces es fomentar la comunicación con las personas de tu alrededor comentando las noticias o las fotografías de los soldados, tal y como tu reconoces: “Non falín con ninguén deste tema, pero …”; sin embargo, debo admitir que lo que no hiciste a lo largo de ese día de consumo de medios, lo estas haciendo ahora en el blog, por los comentarios que veo has tenido, ya que observo como aquí sí surge la comunicación en lo referente a tu consumo de medios. Cosa que no paso a lo largo de ese día.

  4. Sandra Mourelos

    Sinceramente, non todos os días comento as noticias que vexo na tele. Ás veces porque no vexo nada que me chame a atención, ás veces porque non hai ninguén con quen me interese charlar sobre o tema. Non todo o mundo fala das noticias con alguén todos os días.

  5. Ángel Miranda Ramos

    Cada día estamos máis afeitos a convivir con cousas desagradables polo que non nos chame a atención tanto estes feitos, cando realmente se nos poñemos a pensar son cousas estrepilantes. Pódese dicir que estamos curados a espantos, por dicilo dalgún xeito, pódese considerar que xa son inmunes a determinados feitos.Un exemplo, estamos vendo no telexornal o que está a pasar en países africanos, onde moita xente está a morrer de fame, pois nos seguimos comendo o noso filete coma se non pasase nada.
    En relación á cuestión de si o home nace malo ou non como se pode ver nalgún post; particularmente eu inclínome máis cara Rousseau, polo que penso que o home é bo por natureza, de feito ningún neno cando é pequeno ten maldade, é todo inocencia. O home é bo por natureza pero participa nunha sociedade corrupta, polo que a sociedade é quen o pode volver malo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: