Unha radio universitaria e case “multiculturalista”
A emisora cultural da Universidade de Antioquía é unha radio pioneira no tratamento de temas de ámbito cultural dende unha perspectiva case “multiculturalista”. Pese a que dedica numerosos espazos á cultura colombiana, a emisora universitaria da cidade de Medellín (Colombia) tamén ofrece contidos de índole internacional, de tal xeito que, podemos chegar a escoitar reportaxes sobre (por poñer un exemplo que nos atinxe a nós) o cancioneiro relixioso medieval da literatura en galaico-portugués elaborado supostamente polo rei Alfonso X O Sabio, pese a que se dubida da súa autoría directa.
Ademais desta cuestión, existe outro aspecto de interese dende o meu punto de vista que quizais non este presente na meirande parte das emisoras españolas ou galegas. Isto é: a existencia dun espazo dedicado exclusivamente ás mulleres que tiveron ou teñen un papel fundamental na conformación do país e da cultura colombiana (Presencias femeninas: Mujeres destacadas en la historia de Colombia). Este programa explora múltiples personalidades femininas de diferentes ramas de saber como a tv e o cine, a literatura, a música… Do mesmo xeito, a radio tamén ten tempo para reflexionar e ofrecer contidos de interese acerca da homosexualidade feminina, que conciben como un valor a reivindicar, posto que consideran que esta non camiña parella á homosexualidade masculina en materia de igualdade. Por estas e outras razóns, é interesante pasarse pola páxina web da emisora universitaria de Antioquía.
Eire Valcárcel Picouto CL4X.
Posted on 29 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Colaboracións, Comunicación Local, Radio. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Alégrome de que se leven a cabo proxectos coma este, creo que son de esencial importancia na nosa sociedade actual e creo que debería haber máis iniciativas coma a da Universidade de Antioquía.