Benvido á túa casa

O pasado martes, tras ensinar o carné de identidade varias veces e pasar por un detector de metais, conseguimos acceder ao Parlamento a nosa visita con Juan Carlos Varela, tras entrar no seu despacho e de realizar o protocolario saúdo comezou a entrevista, sempre deixando claro que el non representaba aos partidos, senón que el representa a unha institución.

Hai que destacar que a visita a esta institución incluíu un paseo polos diferentes puntos nos que se moven os xornalistas no Parlamento (cabinas, salas de prensa con postos para as axencias…) e datos como que hai 200 periodistas acreditados para asistir as Comisións.

Algo que nos chamou a atención foi que as respostas do entrevistado foron moi de “manual” que a relación cos medios era moi idílica…

Vos que opinades, como credes que pode ser esta relación?

 

TGA 1b4

Posted on 30 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Rubén Luengo Miguel del Corral

    Inténtaste proxectar unha imaxe positiva de cara os medios posto que esta é a impresión que o mundo terá de nós. Un pode ser unha persoa reflexiva ou meditabunda, que se os medios comezan a propagar unha imaxe viciosa e corrupta esta é a concepción que calará na psique civil.

  2. grupointeractivo1

    A min, como membro do grupo que realiza este traballo, chámame a atención sobre todo a cantidade de postos destinados a cubrir información parlamentaria para todo tipo de medios (radio, tele, prensa, axencias…), os espazos cos que contan, a destacable cantidade de acreditacións e todas as ferramentas que lles ofrecen para realizar as súas informacións (gravacións íntegras de sesións parlamentarias, un arquivo de imaxes, hemeroteca,etc). O caso é: como se reflicte isto no quefacer cotián do departamento de prensa do Parlamento e da prensa? Sácaselle algún partido a estes recursos, ou só forman parte do decorado, ou desa imaxe positiva que se intenta proxectar? E por que? Espero que teñamos unha resposta máis ou menos clara cando rematemos este traballo, ou teremos traballado en balde…
    Cristina Corral Campello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: