Galego Lab
Que é GalegoLab. É unha organización sen fin de lucro, fundada en 2010, que ten como obxectivo o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega, cun enfoque de abaixo-arriba, con especial incidencia nas culturas emerxentes e na naturalidade da vida cotiá. A súa ferramenta principal é a web GalegoLab, unha rede social de crowdsourcing, para concitar apoios ás accións propias e as que propoñan os usuarios e outros colectivos. Esta web está en marcha dende o 20 de maio do 2010.
Cales son os seus obxectivos. O obxectivo da web de GalegoLab é promover novas ideas de actuación a prol da lingua galega, coordinar recursos para esas actuacións, e executar e diseminar os resultados das mesmas.
A súa actualidade. É unha páxina que conta con 840 usuarios rexistrados e 2.396 seguidores en Facebook e 610 en Twitter e que ten catro proxectos en marcha, dos cales a tradución de Twitter ó galego xa acadou tódolos recursos necesarios e está só á espera de que esta rede social permita incorporar novas linguas ás que actualmente oferta.
Que buscan. Non obstante, a consecución destes propósitos non é nada sinxela e precisa da maior colaboración posible. Deste xeito, en Galegogym seríalles de moita axuda alguén que deseñara un cartaz publicitario e outra persoa que faga unha proposta de carátulapara este CD co que facer fitness en galego; ou en A guía branca precisarían doutras vinte e tres persoas dispostas a enviar información sobre locais públicos e/ou comerciais onde atendan en galego.
O acadado: Por outra banda, tamén podedes ver os proxectos (amais da tradución de Twitter ó galego) que xa conseguiron levar a efecto, como Pinchadas de música en galego , 24 horas de galego fullscreen ou o que chamaron Memoria pixelada.
ESTA é a súa páxina. Poñerse en contacto con eles é moi sinxelo e de gran utilidade. Botádelle unha ollada!
Suárez González, EIC.
Posted on 30 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Segue a pista. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Nin en etiquetas nin ó final de arquivo está sinalado a autoría do artigo, tende coidado con eses aspectos. Moi certo é que o galego é unha auténtica herdanza cultural que hai que respetar e promover necesariamente. Como credes vós que se xustificaría a necesidade de crear un idioma como o esperanto? Pretenderían abolir as condenas divinas de Babel e facilitar a comunicación, eliminando deste xeito unha riqueza clásica?
En primeiro lugar, sí que hai etiquetaxes, e en segundo, é sinxelamente un post de información sobre unha páxina web que fomenta o galego, independientemente do que nos poida parecer a nós e da consideración que se teña sobre outros idiomas.
Grazas.
Suárez González, 4b1 EIC