Mobilización: na rúa ou na rede?

Hoxe a sección G/U/CAMPUS de El Mundo comeza a súa noticia principal con esta afirmación: “Unha aproximación en clave sociolóxica á xuventude española certifica que unha parte deste segmento de idade vive ao marxe do espazo público, entendido este como lugar para a difusión e o intercambio de ideas”. Anda! Pero se aparece por aí un concepto importante no que respecta á materia da máis que entretida UD5 desta semana: o espazo público, entendido segundo Wittgenstein “como lugar do espíritu colectivo, reúne o público e o privado (…), en fin, todos os eventos da vida: toda a comunicación xunta nun mesmo espazo”.

Pois parece ser que a xuventude española estamos a afastarnos cada vez máis dese espazo, un feito que o titular da información parece deixar ben claro dende o primeiro momento: “ENCERRADA EN SU BURBUJA. LA juventud cambia la protesta en la calle por la cibermovilización”. E eu non vou ser quen o negue. O informe Jóvenes, conocimiento político y participación do CIS (2007) afirma que os nados entre o 1981 e o 1988 obtan pola chamada “ciberprotesta”. E é que, as redes sociais están a ter moito que ver nisto. As formas de comunicación, tanto interpersoal como comunitaria, están a mudar, ao igual que tamén o están a facer constantemente os medios de comunicación. Nesta etapa, internet e as súas redes sociais están a crear unha nova maneira de relacionarse, deixando un pouco de lado a interactuación que o cara a cara che permite.

Neste sentido, a miña xa terceira dieta de medios dedícoa a este artigo polo simple feito de que trata dun tema que pode dar lugar a moitas opinións. Unhas opinións que hoxe puiden compartir con algúns dos meus compañeiros. Había quen apoiaba o feito de que a rede é a mellor plataforma para manifestarse. Había tamén quen pensaba todo o contrario e avogaba pola saída á rúa, como acontecera co “No a la Guerra” ou o “Nunca máis” do ano 2003. Pero o certo é que ámbalas dúas, se se empregan ben, son correctas e útiles, ou polo menos iso foi á conclusión que cheguei eu logo da conversa. O que se trata é de comunicar o que ti cres e o que ti defendes. E, aínda que sempre é máis visual unha manifestación a pé de rúa, hoxe en día dende a rede estanse a crear moitas comunidades de xente nova dende as que se traballa en como realizar esas movilizacións e que, dalgún xeito, están a ter repercusión a nivel político e social.

En definitiva, as tres páxinas de El Mundo destinadas a esta información crearon comunicación interpersoal. Un feito que, estou segura, veu determinado pola proximidade e interese que a xente nova temos cara este tema. Aínda así, deixovos unha reflexión de Stéphane Hessel, autor de Indignez-vous!: “A xente nova estase acostumando a empregar os medios modernos para denunciar as dictaduras, como en Túnez ou en Exipto. Por que non empregalo en Barcelona ou en París para dar máis dinamismo á democracia social?”.

 

María Quintiana Pérez, TGP 3Q

Posted on 30 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Interesante post sobre el uso que se hace de las nuevas tecnologías, tanto las redes sociales e Internet, para comunicarnos y protestar; ya no se llevan las protestas a la calle sino a la red. A pesar de esto parece un post un poco pobre, sólo consultas un medio de comunicación,(muy aceptable ya que es una decisión personal), tratas una sola información (eso si, bastante interesante) y además comentas que fomenta la comunicación interpersonal, pero no sé en donde, porque en el post en ningún momento mencionas que lo hayas comentado con alguien , ni las impresiones o ideas que as intercambiado con los demás, así que esa afirmación creo que es bastante relativa. Nada más, eso sí, debo reconocer que el tema es bastante interesante.

  2. comunepersoal3

    Pois no terceiro parágrafo poño claramente que fomentou a comunicación coas miñas compañeiras de piso e que había diversas opinións entre nós, etc.

  3. Equipo de crítica y corrección

    Ya lo vi, pero como te indico en el comentario anterior no hablas de las impresiones o ideas que as intercambiado con los demás, así que esa afirmación creo que es bastante relativa, porque sólo dices exactamente : “Unhas opinións que hoxe puiden compartir con algúns dos meus compañeiros”; lo que quiero decir es que no comenta las conclusiones a las que llegas depués de hablar con tus compañeras o cuales son las posturas de cada una. creo que haciendo esto el post quedaría mucho mejor, pero es a decisión de cada uno.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: