Cry, Freedom
Hai algunhas historias que parecen lonxanas e sacadas de lonxanos país. Porén, moito máis perto do que semella, temos a crúa realidade de Aparheid. Unha realidade que, por fortuna, forma parte do pasado pero que, antes de nada, foi. Todo o mundo estudou alguna vez que en Sudáfrica, durante moitos anos (exactamente 46), existiu un réxime chamado Apartheid no que os homes de raza branca eran os que ocupaban tódolos cargos de poder e os homes doutras razas, especialmente a negra, só puñan a man de obra, o sangue e a suor. Deste fenómeno xurdiu, entre outros tantos, a figura na que se centra a película proxectada esta tarde: o activista Steve Biko. Porén, cado falamos do protagonista directo deste filme non nos referimos a Biko, senón ao xornalista Donald Woods.
Quizais a alguén se lle poida pasar pola cabeza a pregunta de por que o director decidiu centrar a película no activista negro a través dun personaxe “secundario” como sería Woods. Ao que Attemborough responde: “Se fas unha película centrada principalmente en Steve Biko, fas unha película de desesperanza. A causa do control totalitario, a imaxe que queda entre os espectadores que non saben nada é que o poder é máis forte có dereito”. Un razoamento que consideramos, canto menos, moi ocorrente. Sobra destacar que o filme está baseado en feitos tan terribles coma verdadeiros, razón pola cal topou con numerosas trabas para ser proxectada. Finalmente, logrou impactar e sensibilizar o gran público sobre unha problemática cuxos líderes continuaban sendo presentados ao resto do mundo coma guerrilleiros ou terroristas. Deixo, para os que non sucumbiran á primeira ao sex appeal de Denzel Washington, o trailer en inglés. Sabemos que non é o soño de ninguén pasar unha tarde na facultade en plena primavera, así que animádevos a vela pola vosa conta.
Aviso: a semana que vén cambian os premios, o “para ben” ou “para mal” é algo que tendes que comprobar por vós mesmos.
Posted on 31 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Organizamos..., Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Gran película, espero que la próxima sea igual de interesante que esta, y si cabe aun más. Felicidades a nuestros compañeros por el trabajo que están haciendo.
Moitas grazas, sobre todo aos que pasaron a facernos compañía nalgunha das pelis.