Marea negra en Madrid?

Xoves. Xa non queda nada!

Onte a noite alargouse máis no debido, polo que me levantei co tempo xusto para ir a clase á 1.  Foi fabuloso espertar e ver que por fin, despois dunha semana de choiva, saíu o sol de novo. Para a miña sorpresa ao chegar á casa despois de clase tiña a comida feita. As miñas compañeiras de piso son as mellores, aínda que todo ten o seu por que: se elas cociñaron, eu teño que limpar… Pero bueno, o de chegar á casa e ter a comida enriba da mesa, non o cambio por nada.

Comer tarde, acabar as tarefas da casa tarde, preparar a maleta para mañá, facer traballos… E o tempo pasa case sen darme conta, só o inicio dos informativos en antena3 me fan ser consciente de que xa son as 9 da noite, a pesar de que aínda entre algunha raiola de sol polo salón.

Continúa o conflito en Libia. Hoxe é noticia a deserción do Ministro de Exteriores, Musa Kusa, quen fuxiu a Londres e que agora se atopa nunha situación controvertida polo seu presunto pasado relacionado con algúns actos terroristas.

Mentres consulto El País dixital chámame meu irmán para falar comigo, e comentamos a noticia da radioactividade de Fukushima. O nivel de radioactividade no mar é 4385 veces maior do límite permitido, e xa se empezan a detectar niveis (iso si, moi baixos) nas costas españolas, entre outras. El dime que si, que é un desastre, pero que onde hai centrais nucleares pode pasar iso, e máis se é un país con gran actividade sísmica. Pero vai máis alá e dime: “e non me dis nada do que pasa en España? Tamén saíu unha noticia dunha lagoa en Madrid onde unhas empresas verten aceites dende os anos 80”. Investiguei un pouco e descubrín que o axuntamento de Madrid comprou eses terreos para limpalos. Pero, por que limpalos con cartos dos contribuíntes e non sancionar a esas empresas para que sexan elas quen desfagan o que levan facendo hai anos?

Finalmente falei con miña nai para dicirlle que mañá volvo á casa, e ela preguntoume se vira a noticia dos bebés xemelgos que se comunican entre eles con xestos e palabras compostas pola mesma sílaba, “da”. Sen dúbida unha boa noticia para rematar o día.

Mourelos Mascato TGP 3Q

Posted on 31 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Buen post, observas diferentes medios de comunicación, heces mención a aquellas noticias que más te han llamado la atención y además las comentas con la gente de tu entorno, y muestras algunos de sus comentarios. También muestras una noticia que para mucha gente era desconocida y que sin embargo es muy interesante, me refiero a los vertidos de aceite a la laguna de Madrid por parte de algunas empresas. Una sugerencia, para que futuros post te salgan mejor: no nos interesa como te levantaste o si tienes la comida hecha cuando llegas a casa, debes centrarte más en hablar del consumo de medios que has hecho. Por lo demás está bien.

  2. Sandra Mourelos

    Moi ben, terei en conta a suxerencia para o meu seguinte post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: