Traballar si, pero tamén descansar
Hoxe foi un día longo, tan longo que aínda lle comentaba hai apenas uns minutiños á unha das miñas queridas compañeiras de piso que aínda me parecía que fosen as 9 da noite. É que claro, iso de levantarte pola mñá e ter que preparar a comida ás 11… non é bo. E non ter clase ata antes da unha do mediodía, tampouco. E comezar a comer ás 16:15, aínda menos. Pero bueno, cando todo isto se fai acompañada lévase mellor. Tanto coa compaña de amigos coma deses grandes compañeiros nosos: os medios ( iso cría eu).
Hoxe non tocou lectura de prensa impresa, polo simple feito de que, ao chegar tan tarde á facultade,foime case que imposible adentrarme na cafetería. E como adoita ser alí onde moitos días lle boto unha ollada a xornais coma El Mundo, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, hoxe non foi posible. Iso si, foi un día de internet.Ter a UD ao día seguinte é o que ten. Que se busco en google “estrategia y táctica comunicación”, que se logo intento atopar algo con “espacios mundo de la vida”. Pero máis do mesmo. As miñas dúbidas parecían non ter solución. Asi que decidín botar man dunha das mellores ferramentas que se inventou con internet: o chat de gmail. Tiña que atopar a alguén listo, que non tivese a UD5 e que me puidese axudar (tendo en conta que está totalmente prohibidísimo compartir algún tipo de información con compañeiros que si a tiveran). “Pesquisa” máis ca complicada, pero algún tempo despois, o conseguín. “Ah, pero eso creo que es fácil”, diciame. De “fácil” nada, pensaba para min. E comezou así unha longa conversa. Que si estratexia por aquí, que si táctica por alá. Acción planificada por un lado e acción sen planificar polo outro. Vamos, que as miñas relacións interpersoais acaparounas basicamente a UD5.
Pouco caso lle fixen a Tuenti, Facebook e Twitter: non tiven nin tempo! Agora veño de cear en agradable compaña. A verdade é que cando cheguei á cociña recoñezo que estaba un pouco hostil e de “mala leche”. Pero é o que ten estar máis de 6 horas seguidas a loitar co “medio universal” que é internet e toda a información que por alí anda espallada. De todos os xeitos, recoñezo que veume moi ben descansar por un anaco, cear e conversar. Cando me din de conta xa estaba doutro humor. Xa me estaba a rir, algo que case non fixera en toda a tarde.
Saco como conclusión do meu día que hai que lembrarse de parar a tempo. Non deixar que tanto tempo continuado de traballo e de internet poidan influir na maneira de tratar ás persoas coas que convives. E para conseguir que iso non aconteza, para a tempo, descansa e fala con eles. A min, funcionoume.
María Quintiana Pérez, TQP 3Q
Posted on 31 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Consumo de medios, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. 1 comentario.
Está bien que gracias a la UD de esta semana hayas fomentado tu comunicación con los demás, pero si no has consumido ningún medio e información que haya fomentado tu comunicación con los demás, por favor no des tanta vuelta contándonos tu vida. Sé más directa y si quieres, menciona ya la UD , pero no hagas un post de más de 40 líneas en el que sólo le dedicas 10 a hablar de aquello que realmente ha fomentado tu comunicación con los demás.