¡Continuamos co voluntariado!

 

Hoxe, non foi unha tarde demasiado productiva, polo menos na primeira hora, a de xogos, xa que eran moitos os nenos que acudiron á ludoteca, e estiveron xogando entre eles, uns ao xadrez e outros ao pilla-pilla. Na hora de estudo entrou en xogo a nosa labor coma “profesoras”, Noemi estivo cun neno de 2º da ESO repasando as matemáticas, Lena tamén volveu ao mundo dos números pero non con demasiado éxito, polo que axudou ao pequeno do grupo coa súa caligrafía.

O xoves axudamos aos nenos máis pequechos á realizar una entrevista para o xornal da ludoteca, sentíndonos moito máis cómodas que en otras ocasións. Ademáis realizamos una actividade ao aire libre relacionada coa cooperación. A fotografía sitúada ao principio do post corresponde a ese momento.

A mañá do mércores os restantes membros do grupo fixeron una primeira aproximación á Asociación Plataforma polo Emprego, asociación compostelá na que participan distintas entidades de carácter social e que se dedica a procurar a inserción laboral das persoas que o soliciten, mediante convenios coas empresas, obradoiros de auto-emprendemento, e cursos para manter á xente preparada. Asistimos á presentación da memoria do ano 2010, que repasaba os múltiples proxectos que se levaron a cabo ó longo do ano.

O xoves pola tarda asistimos no Centro socio-cultural de Vite ó ensaio do  musical “Aires de Galicia”. Un dos coordinadores do centro exercía de director mentras que cerca de quince persoas, a mayoría da terceira idade, lían o guión e charlaban animadamente entre sí. A obra contaba a historia duns emigrantes na Arxentina que volven a Galicia. Os participantes animábannos a cantar e bailar.

TGP 1D

Posted on 1 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: