“Solidariedade de boquilla”

Esta semana toca falar da conferencia promovida pola “Fundación Galiza Sempre” na Biblioteca Anxel Casal sobre a solidariedade e cooperación internacional. Existe de verdade a solidariedade internacional? Os países máis ricos axudan todo o posible aos máis pobres? Como inflúe a política nos procesos de cooperación internacional?Xosé María Torres Bouza, unha das personaxes da charla e Presidente da Coordinadora Galega de ONGD comezaba así a conferencia: “Durante todos estes anos Galicia foi a comunidade autónoma máis insolidaria de todo o Estado”. A cooperación internacional está destinada a fomentar a igualdade e a repartición das riquezas entre Estados pero un feito tan importante para a sociedade global como este non conta co suficiente esforzo económico por parte dos países e desínflase. “A política social e humanitaria non ten a importancia que debería e parte da culpa é da propia cidadanía que non a valora” afirmaba Olaya Fernández Dávila, diputada do BNG no Congreso. Pero é sobre todo o desinterese por parte dos Gobernos o que máis dificulta a existencia dunha verdadeira política de solidariedade e cooperación que, como dicía Olaya Fernández no caso de Galicia, non só sirve para axudar e ser axudado senón que tamén potencia ao exterior o nacionalismo galego.

(2L)

Posted on 1 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Solidariedades

    A solidariedade non é un “ranking”, nin un nicho de votos. iso o que terían que ter en conta as persoas que falaron nisa charla, a luz das frases que entretiráchedes. Solidariedade e comunidade conforman unha estreita asociación que se percibe non nas grandes campañas internacionais, iso é cousa das ONGDs e dos Governos, senon no día a día do barrio e da aldea. Aquí.
    Colonizar, vender a boa conciencia pra lavarnos as mans, ven sendo un discurso de falabaratos que enmarcan a solidariedade lonxe de nós, e de seguro, moi lonxe das cifras que eles manexan para aparecer nos medios como axentes críticos.
    Marcelo

  2. Nuria lago Rodríguez 2b3 2M

    Me parece hipócrita decir que “ven sendo un discurso de falabaratos que enmarcan a solidariedade lonxe de nós” cuando para mí la realidad es que la solidaridad sí que está lejos de nosotros. Siendo objetivos y sinceros: ¿cuántos realizamos una actividad solidaria al margen de las que desempeñamos para esta asignatura? A lo mejor son más de los que yo pienso, pero me cuesta creerlo. No creo que este discurso sea una forma de ganarse votos, sino más bien una dosis de realismo necesaria de vez en cuando. Es duro admitir que no somos solidarios (quitando participaciones en recogidas de alimentos y campañas parecidas en las que solemos participar), pero es difícil encontrar a una persona que de verdad y de forma desinteresada dedique su tiempo a ayudar a los demás. Por suerte para nosotros creo que las experiencias que estamos desarrollando van a hacer que nos comprometamos algo más pero hay que reconocer que todo es fruto de la “imposición” de estas actividades.

    • Falabaratos, si

      Que non cho pareza tanto. Desde a II guerra mundial vimos padecendo un discurso sobre o desenvolvemento e a solidariedade francamente colonialista, como soporte a dinámicas de creación de mercados, mesmo de mercados de solidariedade. Niste mercado, xa que o estado abandoou a súa obriga de satisfacelo, operan ongds que son verdadeiras compañías transnacionais que moven moitísimos cartos, que moven, reitero, a partires de discursos como os que, ao parecer, ofreceron os conferenciantes daquela xuntanza que comentaba.
      Só revisa o concepto de “comunicación pra o desenvolvemento”, o que revela a Teoría da Dependencia, a do cambio social, a do “outro desenvolvemento”,… non me faga retóricas. O non entendeu o que quixen dicir, ou non quiso entender, ou quixo entender outra cousa. Estou moi farto do discurso político sobre este tema e do discurso de moitas ongds sen escrúpulos. E quero denuncialo. Mire o que pasou con campañas como a de Anesvad.
      Eu non estou falando de nós no sentido da clase (a parte de “nós” hai outro nós que é máis grande) , nin da “imposición” (certa e necesaria de aprender) de seren solidarios co cercano. Precisamente, é polo o que avogo. Por comezar a soliariedade como discurso propio da comunidade. E se o problema e que non somos solidarios, aprendamos a selo, aínda que sexa un chisco, como traballo, nista materia.
      Marcelo

  3. Crítica e Corrección Grupos 1-2

    Non credes que ademais dos gobernos, a educación das persoas é un aspecto importante onde se podería incidir para lograr máis cooperación?
    Ademais cabería outra reflexión respecto ao noso país e é que aquí probablemente fomentamos o egoísmo nos medios e na vida. Aquel que vaia ao seu é o que triunfa.
    Serían outras duás ideas de debate.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: