Daily Archives: 5 Abril, 2011

Un inicio revelador

Os inicios de La Voladora Radio deixan ver de xeito claro o seu carácter de alternativa. A súa fundación remóntase á entrada da Policía Federal Preventiva nunhas instalacións universitarias de Ciudad de México, que rematou cunha folga estudantil e varios proxectos xerados nese contexto, como La Ke-Huelga. Nese momento, algúns dos seus membros póñense a traballar na creación de La Voladora, pensada inicialmente como unha radio itinerante, que se dedicaba a visitar diferentes poboacións rurais.

Non obstante, cando en decembro do ano 2000 a comunidade de Amecameca de Juárez sofre unha grave continxencia volcánica, La Voladora decide instalarse alí e pasa a vincularse así con este lugar, dende onde emite o seu sinal de maneira permanente. A súa programación combina grandes doses de música de todos os tipos (comercial, música mexicana, rock, jazz, blues…) con espazos de información e actualidade que pretenden contrarrestar o discurso dos grandes consorcios de comunicación, como Perfil 97.3, Noticias de la Otra ou Palabra Radiante. Outra opción de radio nunha zona caracterizada polas grandes desigualdades sociais e económicas, onde a riqueza máis próspera convive coa pobreza máis miserable.

Alba Lago Martínez, CL4X

Onda Color

 

www.ondacolor.org

‘Onda Color’ é unha radio comunitaria do barrio de Palma Palmilla, en Málaga, que se define co slogan o ‘Dereito a unha comunicación libre’.

A emisora creouse tras a reivindicación da vecindade e o Plan de desenvolvemento comunitario ‘Proyecto Hogar’. O medio pertence á Plataforma de Comunicación Comunitaria Onda Color (POC), que se creou o 14 de setembro de 2009. Antes disto, a entidade xurídica da radio era a Asociación de Veciños Puerto de la Torre, onde naceu Onda Puerto Radio, antecedente do medio que se crearía en Palmilla.

Actualmente, aínda que conta con só dous traballadores, máis de sesenta persoas colaboran na programación de Onda Color. Todas elas pertencen a Asemblea da radio malagueña.

Ademais, no estatuto de POC, atopamos moitos dos trazos que definen (ou polo menos que intentan definir) á radio creada en 2009. Así, avogan polo fomento do pluralismo e dunha opinión pública libre, ao tempo que buscan potenciar a rede de social e solidaria do barrio.

Por outra banda, tamén é destacable a súa intención de que Onda Color sexa unha plataforma para “dar a coñecer as voces das persoas e os colectivos sociais que máis dificultades teñen para conseguir espazos en medios distintos aos do Terceiro Sector.

Neste sentido, na propia páxina web calquera usuario pode descargar un formulario para presentar o seu proxecto dun programa de radio e optar a facelo en Onda Color.

Zas Pampín, Anxos          CL4X

Touche pas à ma radio!

Unha forma alternativa de radio para os “marxinados”, fóra das canles habituais das radios comerciais tomou forma incluso desde a aparición do medio na década de 1920. Esta radio comunitaria ten un papel primordial en moitos núcleos urbanos multiraciais na actualidade, onde só se escoita a voz da maioría social. Atende ás prioridades da súa comunidade e facilita o discurso dos seus diversos oíntes. Está moito máis próxima da comunicación radiofónica que ansiaba Bertolt Brecht, na que o oínte ademais de escoitar, falase. E ademais de falar, o oínte, pode elaborar a programación que desexa, dirixe ou avalía o traballo da mesma.

Pero esta utopía en ocasións non é tan difícil de manter nos países desenvolvidos e crea tensións sociais. Segundo datos dos propios membros de Radio Gazelle, fai varios anos que o seu presuposto  anual era de arredor de  800.000 francos (uns 120.000 euros), dos cales, dous terzos os recibían do Goberno francés. Desde o 2007, Radio Gazelle estivo no punto de mira do mesmo, pola tentativa de eliminar varias radios comunitarias marsellesas (desapareceu durante 18 meses). Máis dun ano de protestas, de tensións entre avogados e moitas manifestacións pola rúa dos seus oíntes, permitiron que Radio Gazelle obtivese a frecuencia de 98.0 mHz en xaneiro de 2009 (aínda que non se poría en funcionamento ata agosto dese ano).

Manifestación no corazón de Marsella en defensa de Radio Gazelle en 2008

Unha gran vitoria da radio “da diversidade, que comprende todos os acentos e as músicas do mundo enteiro”. Máis de 10.000 persoas que crearon tensión durante semanas na segunda cidade máis importante de Francia, un dos maiores focos de inmigración magrebís franceses (que se concentra especialmente na zona norte de Marsella) que esixían o seu dereito para expresarse nas ondas. Aínda que se manifesta a pluriculturalidade na emisora, é considerada por moitos como a radio asociativa cultural árabe máis popular da rexión PACA. Foi un momento histórico para a radio en Francia, e en especial para as radios non-comerciais, onde o Conseil de l’État e o Conseil Supérieur de l’Audiovisuel se retractaban dunha decisión anterior e renomeaban a frecuencia para Radio Gazelle.

Fariña Santos, CL 4X

Bonjour, le colonialisme

Hoxe, coma todos os días, almorcei De Luns a Venres para ir calmando o apetito.

Xa na facultade tocoume de escribir unha columna sobre ese cornudo vehículo que chamamos bicicleta. Sen poder evitalo atopeime imaxinando a Rubalcaba e Chacón pedalea que pedalea para gañar a etapa do 22-m, unha das máis duras da Volta ás Urnas. O motivo: hoxe o señor vicepresidente anunciou que non sería até pasadas as municipais cando se soubese quen había ser o sucesor de ZP. Unha cousa levou á outra e acabei falando de mallots bicolores. Pero curiosamente non sería a primeira vez que o francés irrumpise no meu día de hoxe.

Read the rest of this entry

¡Bunga-chaka-Bunga-Bunga!

Al igual que ayer, mi primer contacto con los medios de comunicación tuvo lugar en clase, concretamente durante la práctica de Xéneros. Tras quince minutos navegando entre bicicletas, abrí dos pestañas nuevas: una para El País digital y otra para su yang, elmundo.com. El primero apostó por la indecencia, mientras que el segundo se decantó por lo macabro. Los titulares eran los siguientes: Berlusconi: “¿Así que ella misma se da el carné de puta? Qué disparate” en El País y “Detenido por estrangular a su mujer y mostrar el cadáver a través de la webcam” en El Mundo. Empecé a hacer aspavientos como una histérica y a girar el monitor tratando de llamar la atención de mis compañeros. Las reacciones ante semejantes titulares fueron de esperar: la mayoría apartó la vista con una mueca despectiva al leer la noticia sobre el presidente italiano; sin embargo, el otro titular hizo que nos quedásemos mirando la pantalla con cara de tontos un buen rato. No éramos capaces de creer lo que estábamos leyendo.

Read the rest of this entry

Sen noticas de Gurb (ou case)

 

Partindo un pouco sobre o debate que hai agora na web sobre cantas noticias podemos ver nun informativo serio, debo dicir que hoxe tentei facer unha comprobación sobre se a afirmación era certa ou non.

O meu contacto cos medios nos días de hoxe reduciuse a unha visita rápida os dixitais a mediodía e a ver “Españoles por el Mundo” Read the rest of this entry

A fugacidade da actualidade informativa

Hoxe comecei o día algo máis tarde do habitual e, debido ás présas, non puiden escoitar a radio pola mañá como fago normalmente. Na facultade empecei a consumir medios. O primeiro deles na pantalla da cafetería, na que puiden ver xa que Rubalcaba non expresaría a súa candidatura ata o 24 de maio.  Alí xa comecei a comentar isto cunha compañeira para logo, na clase, entrar na rede a través do Ipod. Fixen o meu percorrido habitual de El País e El Mundo e, nada máis abrir o segundo, xa quedei abraiada.

A noticia que abría a portada de El Mundo dixital era a dun home que descuatizara a súa muller colgando as fotos do crime en Internet. Sen entrar en detalles sobre o desagradable do asunto, non tardei en expresar o meu desacordo coa compañeira do lado, e é que, afondando nas seguintes noticias, puiden comprobar unha vez máis como Gadafi, Xapón e mesmo o Sáhara quedaban relegados a unha presenza secundaria ao final da páxina. É curioso como evoluciona a actualidade informativa e como nós nos conformamos con esas informacións parciais nas que nunca se conta a historia ata o final. O conflito no Sáhara e o desastre en Xapón seguen estando presentes pero non polo menos para nós, que xa decidimos facer que caducaran na nosa lista de actualizacións.

Pola tarde unha agradable conversa cun bo amigo para falar de todos estes temas que me molestaran pola mañá. Tamén saíu a relucir o tema do PSOE e a sucesión de Zapatero. Ambos coincidiamos en que a única salvación para as eleccións pode ser Rubalcaba, aínda que Chacón iniciaría unha tendencia histórica en España por ser a primeira candidata á presidencia. Pola mañá unha compañeira dicíame que ela non cría que o país estivera preparado para unha muller presidenta. Eu, pola contra, creo que simplemente Carmen Chacón non ten tirón dabondo.  

Redacto o post coa radio de fondo e con estes temas murmurando no meu cuarto. Máis ou menos o de sempre. Costa de Marfil parece ser hoxe a substituta dun Gadafi que aínda ten a cara de dicir que “Constitución si, pero non sen el”.

Riveiro Rodríguez, Lorena. TGP 3Ñ

DESAPARECIDO

Golpe de Estado en Chile. Dictadura de Pinochet. Silencio mediático e intereses de EEUU. O filme proxectado onte no Visionado 3 da facultade pretendeu achegar unha historia real que nos fixese relfexionar a todos sobre o papel que xogamos como comunicadores na sociedade. Na película vese moi ben o ambiente que se viviu en Chile nos momentos posteriores ao Golpe de Estado, pero tamén, máis aló da perspectiva histórica, apréciase a importancia da comunicación interpersoal, xa que serán as conversas coas persoas da comunidade chilena as que lle permitan ao pai e á moza do desaparecido comprender a magnitude do ocorrido.

Read the rest of this entry

“En primeira persoa”: radios comunitarias latinoamericanas.

http://www.ivoox.com/radios-comunitarias-latinoamericanas-en-primera-persona-audios-mp3_rf_159447_1.html

La magia de la voz, lo sonoro como posibilidad de emoción…un medio que le llega a la gente al corazón.

Predomina hablar más de la escuela que de la guerrilla o del narcotráfico…visibilizar otras realidades, de los niños, de lo que se habla en los barrios…la legitimación de lo local.

Testemuñas en primeira persoa que falan e reflexionan sobre proxecto de radio comunitaria no que participan. Interesante reportaxe de RNE sobre radios comunitarias de Colombia, Nicaragua e Brasil.

Paula Vázquez López.

En Brasil: a televisión Cidade Livre

A televisión Cidade Livre é o canal comunitario de Brasilia D.F. Céntrase nas necesidades e intereses da comunidade de Río Claro, que se atopa a 157 quilómetros da cidade de Sao Paulo, capital do estado. Como tódalas televisións deste tipo é propiedade dunha asociación sen ánimo de lucro, e tódolos beneficios destínanse integramente ó proxecto.

Está dirixida pola Associação das Entidades Usuárias de Canal Comunitário de Rio Claro, que foi fundada o 18 de abril de 2001 por diversos sindicatos, organizacións non gobernamentais e asociacións de veciños dos diferentes barrios da zona.

Trens – Rio Claro, SP, Brasil., por André Bonacin, en http://www.verfotosde.org/brasil/imagenes.php?Rio-Claro&id=887

Ademais, conta cun estatuto social que define as súas pautas de actuación. Entre as súas actividades está a publicación de material didáctico (en forma de revistas, folletos, etc.), bolsas de estudio para a formación en materia de comunicación, así coma en todo o referente ó ámbito cultural, construción de salas e arquivos, etc.; todo en servizo á comunidade rioclarense.

Ana López Gómez, CL4X

Erin Brockovich

Unha nai solteira e con tres fillos móstranos na película de Erin Brockovich como con esforzo, valor e confianza en si mesma pode sacar unha familia adiante e tamén ser a mediadora de toda unha comunidade fronte ós enganos dunha empresa nacional de gas.

Read the rest of this entry

ZP, ZP everywhere!

Hoy, día cuatro de abril, comencé mi dieta de una manera un tanto copiosa. En la hora de CIC, cuando uno todavía está asimilando que en pocos minutos va a tener que redactar un nuevo, entré en elpais.com . Nada más cargar la página me topé, como esperaba, con una noticia derivada del bombazo de este finde: Zapatero y los candidatos a suceder su puesto. Empecé a leer la noticia pero enseguida se me fue la vista hacia otro titular de Noticias relacionadas: “Rajoy critica la “situación de interinidad” del Gobierno pero descarta la moción de censura”. Así, a bote pronto, el titular no resulta nada atractivo, pero el material que encontré al abrir el enlace no me decepcionó. Subtítulo: “El líder del PP derogará la Ley del Aborto si gana en 2012”. Tema del día en el noticiero independiente de mi casa; dos señoritas contra otras dos se desquitaron en un combate de argumentos que solo ayudó a caldear el ambiente hasta el postre.

Read the rest of this entry