Bonjour, le colonialisme
Hoxe, coma todos os días, almorcei De Luns a Venres para ir calmando o apetito.
Xa na facultade tocoume de escribir unha columna sobre ese cornudo vehículo que chamamos bicicleta. Sen poder evitalo atopeime imaxinando a Rubalcaba e Chacón pedalea que pedalea para gañar a etapa do 22-m, unha das máis duras da Volta ás Urnas. O motivo: hoxe o señor vicepresidente anunciou que non sería até pasadas as municipais cando se soubese quen había ser o sucesor de ZP. Unha cousa levou á outra e acabei falando de mallots bicolores. Pero curiosamente non sería a primeira vez que o francés irrumpise no meu día de hoxe.
Comín igual ca onte acompañado da ronroneo dos informativos da 1. A noticia que máis me impactou foi a da guerra en Costa de Marfil. Velaí saían as tropas de Sarkozy dicindo “au revoir, Gbagbo” e un país dividido por unha loita fraticida e os prexuízos étnicos. A nova non me deixou indiferente. Deste xeito, decidín investigar pola miña conta (en medios máis alternativos) o porqué desta sinrazón e os intereses que a antiga metrópole francófona tiña no país africano. Sorprendido cos meus achados decidín compartilos cunha amiga tomando unhas cañas á noitiña e agora fareino convosco.
Por unha parte está o conflito étnico: a estigmatización dos norteños foi unha das causas da guerra civil de 2002. Dende a guerra hai unha gran presenza da ONU no país, quen certificou que o presidente electo era Alessane Ouattara. Agora as tropas de francesas e das Nacións Unidas interveñen para levar a Ouattar ao poder, pero cómpre ollar os intereses que Francia persegue: o cacao é a principal fonte de riqueza do territorio marfileño e quen o controla controla a guerra a política e a economía; amais Costa de Marfil é un dos máis importantes mercados africanos, que sempre controlou Francia. Inda por riba, a gran maioría dos medios que cobren o conflito son tamén franceses. Vamos, que aí algo cheira a podre.
Velaquí vos deixo un intersantísimo vídeo do xornalista español José Naranjo no que fala de cuestións pouco presentes nas informacións que nos chegan dende o territorio, que o desfrutedes. Tamén ligo a noticia que hoxe publicaba El País.
Agora miro o Facebook e para cama!
Mayo Cerqueiro Pablo (TGP 3Ñ)
Posted on 5 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged Consumo de medios, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Demasiadas cousas cheiran a podre nas relacións internacionais dos últimos tempos. Demasiados intereses… demasiadas opinións dominantes.
Acabo de saber por primeira vez que Laurent Gbagbo ten o apoio do Tribunal Constitucional costamarfileño. É dicir, obviamente tampouco é xustificable a situación que desencadearon os ataques e o enconamento del e dos seus leais, pero non todo é tan branco ou tan negro como o pintan.
Amais, ¿que clase de coherencia desprega Francia? ¿Democracia e liberdade en Libia e en Exipto si, pero en Costa de Marfil “dedazo”?
Interesante reflexión.
Xa Diego, desgrazadamente acontece así. Respecto do que dicías da coherencia de Francia foi ela quen profesou as ideas de “liberdade”, “igualdade” e “fraternidade” dende a punta do fusil. Hoxe en día segue na mesma dinámica polo que parece. É que a Sarkozy cando lle chaman “anano” non hai quen o pare.