DESAPARECIDO

Golpe de Estado en Chile. Dictadura de Pinochet. Silencio mediático e intereses de EEUU. O filme proxectado onte no Visionado 3 da facultade pretendeu achegar unha historia real que nos fixese relfexionar a todos sobre o papel que xogamos como comunicadores na sociedade. Na película vese moi ben o ambiente que se viviu en Chile nos momentos posteriores ao Golpe de Estado, pero tamén, máis aló da perspectiva histórica, apréciase a importancia da comunicación interpersoal, xa que serán as conversas coas persoas da comunidade chilena as que lle permitan ao pai e á moza do desaparecido comprender a magnitude do ocorrido.

O pai chega a Chile totalmente condicionado pola cultura imperante na súa comunidade, e é que os Estados Unidos fixeron oídos xordos da situación no país chileno polos intereses económicos que se esclarecen nesta escena da película.

Pouco a pouco, o pai do rapaz irá comprendendo a filosofía de vida do seu fillo e, a través da integración na comunidade chilena, entenderá o problema dende unha perspectiva que nos EEUU lle era imposible acadar. Algo semellante ao que ocorría en “Local Hero” pero cun trasnfondo político que confire á película interese histórico e social.

Cremos que é un bo filme para reflexionar sobre a comunicación, tanto a nivel interpersoal como mediático, xa que, tendo en conta que pretendemos ser bos xornalistas, deberiamos ter moi presente esta relación inevitable que sempre hai entre medios e poder. Os xornais internacionais non sacaron nada do Golpe en Chile porque respondía a intereses americanos pero, como xornalistas deberiamos tentar romper eses circuitos de intereses compartidos para contar a verdade e dar a coñecer a situación dun país que, co silencio que se xerou en torno a el, foi o gran esquecido ata non hai demasiados anos.

O xoves pecharemos o noso ciclo con El Dilema, onde a presión económica das grandes multinacionais volverá entorpecer o labor dos comunicadores. Mentres tanto, dar grazas aos presentes onte e animarvos a ver esta peli, Desparecido, que ten, dende logo, un forte valor documental.

TGP 3Ñ

Posted on 5 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Relación entre medios y poder. ¿Realmente pueden romperla los periodistas? Teniendo en cuenta de que el periodista es un trabajador subordinado a un medio, y que al medio le importan sus propios intereses (que vienen a ser los de los poderes). ¿Es verdaderamente posible romper esa cadena o estamos condenados a vivir atados por ella?

  2. La relación entre los medios y el poder es por suerte o por desgracia muy directa. A veces más y demasiado evidente y si no que se lo pregunten a Berlusconi. Es cierto que sería realmente estupendo que los periodistas rompiesen esa relación pero a mi juicio no solo sería inviable si no imposible porque si no un medio u por tanto un periodista la rompe otro ocuparía su lugar. Al fin y al cabo es una relación totalmente recíproca y en la que los dos salen ganando, uno se garantiza una buena propaganda y el medio su supervivencia a la vez que prestigio aunque este pueda ser pasajero.

    • Lorena Riveiro Rodríguez

      Estou de acordo en que a relación entre medios e poder é moi estreita e mesmo ás veces insuperable, pero con este ciclo de cinema creo (ou polo menos así o intentamos) que se deron boa mostra de exemplos nos que é posible romper con todo iso; e non por ser películas pasan ser idilios, xa que tanto Desaparecido como Grita Libertad veñen a mostrar historias reais. Con todo isto quero dicir que, se ben é certo que é complicado escapar desas pequenas ou grandes redes, polo menos haberá que intentalo. Co escepticismo non imos cambiar o mundo; posiblemente tampouco o faremos aínda que teñamos unha postura crítica, pero se entramos neste oficio debería ser porque algo queremos facer por mellorar a situación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: