Erin Brockovich
Unha nai solteira e con tres fillos móstranos na película de Erin Brockovich como con esforzo, valor e confianza en si mesma pode sacar unha familia adiante e tamén ser a mediadora de toda unha comunidade fronte ós enganos dunha empresa nacional de gas.
Erin, a protagonista, é unha muller sen estudos pero con don de xente e explotando as súas dotes de muller, busca desesperadamente un traballo para dar de comer ós seus fillos. Consegue un posto nun bufete de avogados a pesares dos seus modais e no que foi despedida trala súa ausencia ao despacho por estar investigando un caso, e o recupera ao recoñecer o xefe a importancia do caso que Erin estaba a realizar e polas súas probas.
O caso iniciouse cando Erin se decata da coincidencia de documentos de indemnización inmobiliaria con probas médicas das mesmas persoas. A súa intriga fixo que ela se movese e descubrise, gracias a documentos e a testimonios da comunidade de veciños, que cerca da zona onde residían se desprendía cromo hexavalente 6, un dos cromos máis perigosos e contaminantes e que os directores da empresa vendían como beneficioso.
Erin, deste xeito, fixo o posible para que esta comunidade, acomodada nunha pequena vila, non perderan as súas vivendas coas que sentían un lazo, xa que eran a súa identidade. Ademais Erin sabía que o cromo que contaminaba as súas augas acababa coas súas vidas. Grazas á continúa loita e insistencia da muller para convencer ó avogado de seguir co caso, conséguese así que tódalas familias da comunidade consigan un prezo “xusto” polas súas vivendas e polo danos causados nas súas vidas.
TGP 3O
Posted on 5 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged Club de lecturas, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
A min, persoalmente, é unha película que non me agradaou. Non me gusta Julia Roberts como actriz, xa que sempre me pareceu excesivamente valorada. O seu rexistro limítase en saber sorrir a tempo, e punto. A súa fama non é máis que unha consecuencia lóxica das súas frecuentes aparicións na gran pantalla e o seu atractivo superficial.
En canto á historia per se, si que é digna de película. Loitar contra a inxustiza pode terse convertido nun cliché de certos grupos sociais, que o predican ineficazmente e actúan con deshonra á hora de demostralo. Pero a señorita Brokovich si foi quen de presentar un caso de célebre indefensión e confirmou un futuro seguro para a súa comunidade.
Dejando de lado lo buena o mala actriz que sea Julia Roberts, la película en sí da para mucho, y a la hora de verla resulta bastante agradable al ojo y a la mente. Aparte de resultarme bastante emotiva por ese sentimiento de lucha contra la injusticia que quiere retransmitir, es una película que trata el tema de la comunidad y el de cómo el individuo (la señorita Brockovich, en este caso) es capaz de protegerla cuando supuestamente ha de ser la comunidad quién ofrece protección al individuo.
Claro que, si ahondamos en ello, supongo que cualquier película tiene un trasfondo comunicativo… bueno, o casi.
Cristina Martínez Carou GI3