Onda Color

 

www.ondacolor.org

‘Onda Color’ é unha radio comunitaria do barrio de Palma Palmilla, en Málaga, que se define co slogan o ‘Dereito a unha comunicación libre’.

A emisora creouse tras a reivindicación da vecindade e o Plan de desenvolvemento comunitario ‘Proyecto Hogar’. O medio pertence á Plataforma de Comunicación Comunitaria Onda Color (POC), que se creou o 14 de setembro de 2009. Antes disto, a entidade xurídica da radio era a Asociación de Veciños Puerto de la Torre, onde naceu Onda Puerto Radio, antecedente do medio que se crearía en Palmilla.

Actualmente, aínda que conta con só dous traballadores, máis de sesenta persoas colaboran na programación de Onda Color. Todas elas pertencen a Asemblea da radio malagueña.

Ademais, no estatuto de POC, atopamos moitos dos trazos que definen (ou polo menos que intentan definir) á radio creada en 2009. Así, avogan polo fomento do pluralismo e dunha opinión pública libre, ao tempo que buscan potenciar a rede de social e solidaria do barrio.

Por outra banda, tamén é destacable a súa intención de que Onda Color sexa unha plataforma para “dar a coñecer as voces das persoas e os colectivos sociais que máis dificultades teñen para conseguir espazos en medios distintos aos do Terceiro Sector.

Neste sentido, na propia páxina web calquera usuario pode descargar un formulario para presentar o seu proxecto dun programa de radio e optar a facelo en Onda Color.

Zas Pampín, Anxos          CL4X

Posted on 5 Abril, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: