Un inicio revelador

Os inicios de La Voladora Radio deixan ver de xeito claro o seu carácter de alternativa. A súa fundación remóntase á entrada da Policía Federal Preventiva nunhas instalacións universitarias de Ciudad de México, que rematou cunha folga estudantil e varios proxectos xerados nese contexto, como La Ke-Huelga. Nese momento, algúns dos seus membros póñense a traballar na creación de La Voladora, pensada inicialmente como unha radio itinerante, que se dedicaba a visitar diferentes poboacións rurais.

Non obstante, cando en decembro do ano 2000 a comunidade de Amecameca de Juárez sofre unha grave continxencia volcánica, La Voladora decide instalarse alí e pasa a vincularse así con este lugar, dende onde emite o seu sinal de maneira permanente. A súa programación combina grandes doses de música de todos os tipos (comercial, música mexicana, rock, jazz, blues…) con espazos de información e actualidade que pretenden contrarrestar o discurso dos grandes consorcios de comunicación, como Perfil 97.3, Noticias de la Otra ou Palabra Radiante. Outra opción de radio nunha zona caracterizada polas grandes desigualdades sociais e económicas, onde a riqueza máis próspera convive coa pobreza máis miserable.

Alba Lago Martínez, CL4X

Posted on 5 Abril, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: