Cosmopolitismo: ¿eres de un solo lugar o del mundo?

Esta semana nos ha parecido interesante tratar el tema del cosmopolitismo/nacionalismo/localismo, estudiado en la materia de la asignatura. Este es un tema muy debatido en Galicia, de ahí que lo hayamos escogido como posible asunto de interés.

Os dejamos un listado de enlaces sobre esto, que esperamos os ayuden a comprender mejor y a posicionaros sobre el cosmopolitismo/localismo. En el primero de los enlaces, un artículo de La Vanguardia, el periodista hace un recorrido sobre estos conceptos que hoy en día están de relevancia y sobre todo de cara a un futuro próximo. Nuestro grupo está de acuerdo con el periodista: somos gallegos, españoles, europeos y ciudadanos del mundo. No es nada malo, al contrario es enriquecedor. Queremos conocer lo que hay fuera, conocer otras culturas. No sé qué opináis vosotr@s. ¿Sois cosmopolitas, nacionalistas, localistas…?

http://hemeroteca.lavanguardia.es/preview/2003/12/08/pagina-15/34051002/pdf.html?search=Luis%20racionero

http://www.bibliojuridica.org/libros/1/5/3.pdf

http://www.nuso.org/upload/articulos/2680_1.pdf

http://edant.clarin.com/suplementos/zona/2007/11/11/z-04015.htm (entrevista a Ulrich Beck, profesor en el Instituto de Sociología de la Universidad de Munich, que ha hecho diversos estudios sobre el tema).

GI1 1E

Posted on 7 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. Patricia Lorenzo

    Realmente todos somos un poco de allí y un poco de aquí. Algunos sentimos incluso que formamos parte de ningún sitio, que aún no hemos encontrado nuestro lugar, pero tiempo al tiempo. En realidad yo creo que cada persona es de donde siente que es, aunque haya vivido en ese sitio un mes, un año, o diez. Mis abuelos, por ejemplo, llevan toda la vida viviendo la mitad del año en Venezuela y la otra mitad en Madrid, y aunque nacieron en Extremadura y llevan 50 años fuera de allí, si les preguntas, te responderán que ellos son extremeños, sin lugar a dudas.
    Supongo, entonces, que todo depende de tí, de donde te sientes. Y lo msimo en cuanto a ser cosmopolita, localista, etc.

  2. Úrsula Estévez Lobato

    Cada uno es, como dijo Patricia, de donde se siente. Pero creo que, a pesar de que sintamos esa pertenencia a un lugar concreto, no quita que no podamos sentirnos ciudadanos del mundo. Yo soy gallega y me siento orgullosa de serlo, pero también me siento española, europea y terrestre xD. Me importa lo que pasa en el mundo porque todos somos ciudadanos de un mismo lugar: la Tierra. Muchas son las cosas en las que nos parecemos aunque muchas personas intenten fijarse sólo en las pocas que nos diferencian.

  3. cosmolocalismo

    Dicía Aristótele que iso do lugar era un concepto incerto, que realmente non ubicaba nada, se de caso un sentimento de instantes. Como dín Úrsula e Patricia realmente un se sinte ou non se sinte de algures, pero tamén adepende do momento. Por exemplo eu que teño sangue mestizo, medio alicantino, medio granaíno, medio galego,…síntome ás veces de Barcelona, onde estudiei, ou ben até de Madrí, onde traballei máis arreo. Pero, quizabes tentando entender a Freud, e incluso a Sévigné, un é de onde morou na infancia, e sei que é unha cuestión de instantes, do meu Francelos, no Ribeiro, ao que só ía por momentos, onde o pai Miño acariña sustuoso, farto, as viñas. E outras, cando non estou cos meus paisanos en calquera opinión, práctica, palabra, actitude, sáeme a vea andalusí, e é de temer cando sae a mediterránea. Nascín e criei en Pontevedra, e Pontevedra, mágoa é que o diga, é hoxe terra estrana, cáseque sempre o foi. E, agora decátome, que un é de quen o criou e, se é así, eu son dos meus avós, de Ribadavia. Vaia co enleo. A maiores eu son, na medida que puiden, home viaxado (síntome así xa que a mesma viaxe é pra min un dos mellores praceres que un home pode viver ( os outros dos xa os sabedes: o xantar e…. ben, outro máis) pero non sei se esto pódese considerar, digo a asociación lugar-pracer, en canto paréceme que é pra matar a dor da vida. Pero ben, tamén síntome siciliano, parisino, berlinés, polaco, londinense, brasileiro, ecuatoriano, mexicano,… cidadán do mundo? non; eu o que lembro son lugares vividos no seu momento, e ises lugares conforman, se de caso o pouco que eu podo ter de planetario. E só por ise momento, ou cando ten que suceder e xurde na memoria, ou a cercanía dun vestixio que mo lembra. Pero a min non me fai máis cidadán do mundo, ver as noticias internacionais da televisión, por exemplo. Unha cuestión de distancia, e da cosideración da relatividade dos medios.
    Marcelo

    • grupointeractivo1

      Me agrada ver que hay opiniones reflexionadas y no simples divagaciones. Estoy de acuerdo con Úrsula y Patricia. Que cada uno es de donde haya tenido las experiencias que más le hayan marcado en su vida. El profesor Marcelo destaca la cuestión de “ser viajado”. No estoy segura de que haber viajado te convierta es cosmopolita. No es lo mismo ir a un lugar o que ese lugar pase a través de mi. Yo tb he viajado, aunque no tanto como me gustaria claro, pero aún no me considero cosmopolita. Creo que eso es más una cuestión de apertura de miras y de mente. Es sentirte identificad@ con los lugares, culturas, gentes, tradiones que vas descubriendo. Pero para concluir creo que se puede ser cosmopolita y a la vez sentir la nostalgia de tu tierra.

      Lorena Cochón Castro TGP 1E

  4. Ángel Miranda Ramos

    Interesante e emotivo tema, eu particularmente penso que unha persoa é daquel lugar onde pasa os seus mellores momentos da vida, que con frecuencia, aínda que non sempre, correspóndense coa infancia, tal e como mencionaba Marcelo. Eu coñezo unha parella de anciáns, que viven en Móstoles; el é galego e ela estremeña, pero viven dende fai máis de 50 anos en Madrid, alí tiveron aos seus fillos, e polo tanto tamén é un lugar moi especial para eles; pero cando lles preguntas de onde se senten que son, sen dubidalo el respóndeche que de Galicia e ela de Extramadura. Isto é así porque lles acorda como foi a súa infancia alí, como era estar cos seus irmáns, pais, avós, … e iso é co que se quedan e por iso se identifican con esa terra, que curiosamente é onde menos tempo viviron, pero a que máis lle encheu. Con isto quero dicir que pode que recorreras moitos lugares do mundo, pero sempre te sentirás máis propio dun, porque ese lugar foi o que máis che sensacións che transmitiu e o que máis momentos emotivos che proporcionou. Deste xeito, penso que un non é de onde nace, senón de onde crece e se vai formando como persoa, aínda que sexan os primeiros anos da túa vida, que soen ser os que máis ten a xente na súa memoria.

  5. A infancia é crucial. A ledicia deses anos xunto co ambiente e a cultura na que te crías determinan en gran medida a túa forma de ser. Queiramos ou non a crianza configura uns anteollos particulares a través dos que miramos o mundo, a través dos que percibimos as cousas. Estamos marcados, en todo o sentido positivo da palabra, pola nosa cultura. Podemos sentirnos de moitos lugares mais non hai sitio coma o de onde se vén. Agora, isto non quere dicir que o globo non deixe de ser a nosa casa e as súas xentes os nosos irmáns. As nosas diferenzas son as que nos fan iguais. En troca de procurarmos a homoxeneidade recoñecer e aceptar as nosas diferenzas é a base do respecto e o enriquecemento entre as persoas. A globalización non ten que ser un fenómeno uniformizador, senón unha oportunidade para compartir cos demais a nosa cultura e as nosas formas de ser. En definitiva: do mundo, pero tamén da casa.

  6. Cristina Corral

    Estou dacordo en case todo con Pablo, agás no da ledicia da infancia. Hai infancias que non son ledas, e o seu propio contexto “triste” configura tamén a visión do mundo que as crianzas terán como persoas adultas. Porén, concordo plenamente no resto. A tradición, a historia, a cultura, os costumes… da sociedade na que nos criamos marca necesariamente o noso ser, o noso xeito de estar no mundo e de percibilo. Non é tanto unha cuestión de lugar como de idiosincrasia: eu nacín e vivín toda a vida en Ferrol, a miña familia toda é de Vilalba e creo que moitos rasgos do meu carácter, da miña fala, dos meus costumes, da miña identidade… están máis “contaminados” pola miña parte vilalbesa que pola ferrolana, se é que a teño… Imaxinade se comparo cos poucos lugares aos que viaxei e aos que non pertenzo!
    Así pois, podemos viaxar, vivir onde sexa, mesturarnos, compartir, coñecer, aprender… pero nunca poderemos desprendernos da nosa identidade máis primaria, froito dos nosos primeiros anos de aprendizaxe e socialización. Isto non é ningún impedimento, ao contrario: é o que permite a subsistencia da diversidade nunha cultura global que está, e debe seguir estando, formada pola suma de moitas culturas particulares. A miña idea de “cosmopolitismo”, se é que se lle pode chamar así, pasa, pois, polo coñecemento, o entedemento e o respecto, pero non pola identificación do suxeito cun amplo abano de culturas alleas. Non porque non me pareza ben, senón porque non me parece posible.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: