A punto de caramelo
Todo chega ó seu fin. Fai iso de dous meses coñecíamos que íamos formar parte dun grupo de investigación. Fixamos como foco de estudo o trato coas fontes de sucesos en El Correo Gallego, tema que non tiñamos explorado con anterioridade en profundidade, pero que nos apaixoaba coñecer.
Nesta semana concluímos as pesquisas, xa entrevistados os entes que nos restaban. Deixámosvos aquí algúns fragmentos do que nos contaron:
“Respectamos ó xornalista, só pedimos que nos deixe traballar sen estorbar cando a situación así o require”, resaltou o sr.Martínez, responsable do corpo de bombeiros da cidade.
“A relación que mantemos cos xornalistas é correcta. Somos moi cautelosos ó ceder datos e xa non lles damos oportunidade a que entorpezan o noso traballo”, sinalou N. Villaverde, inspector principal xefe da polícia local.
“Non é preciso que o xornalista de sucesos sexa psicólogo ou criminólogo, basta cunhas nocións. A boa noticia redáctaa un xornalista, non un especialista doutra disciplina”, indicounos X. Leiro, xornalista de El Correo Gallego.
A falta dunha semana da data de entrega, atopámonos inmersos en consensos grupais sobre as nosas indagacións. Todo rematará na redacción que estamos a comezar. O dito, a punto de caramelo.
(TGA 2b2)
Posted on 8 Abril, 2011, in Documentos and tagged Laboratorio (TGA´s), Xornalismo. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Pensades que é necesaria esa sinerxia de fontes para garantizar unha información continuada e segura ou o xornalista debe innovar e arriscarse a consultar ás fontes menos frecuentadas? Dadévos conta de que, sacrificando a seguridade, pode atoparse a exclusiva.
Sen dúbida algunha rachar coas pautas establecidas supón per se unha posibilidade de topar a mellor información; pero a verdade é que tamén indubidable resulta que, por regra xeral, difundir os datos o máis fieis e exactos posibles só se consegue recorrendo, ó mesmo tempo, ás debidas fontes oficiais.
O dito que versa que “o que non arrisca non gaña” é totalmente certo, pero certo tamén é que a excepción ou a particulariedade non debe nin ten porque establecerse como verdade e norma universal.