Cando a información “des-informa”

Hoxe comezaba o día logo dun concerto de Budiño que se alongou máis do esperado. Ás 9 estaba na facultade pero como cheguei tarde xa non entrei a primeira hora. Púxenme a ler un libro na cafetería e, mentres tanto, botáballe unha ollada de esguello á pantalla de EFE. Foi alí onde vin que Almodóvar volvía á Academia de Cine. Resultoume sorprendente, igual cá compañeira que me secundaba na mesa. De novo, collemos o Ipod e entramos a consultar a actualidade informativa. Como había tempo, o percorreido foi moito máis amplo: El País, El Mundo, EFE, BBC News e mesmo La Vanguardia, entrei en todo o que había por alí pero, como sempre que fago algo semellante, tanta información deixoume unha sensación de preocupante “desinformación”.

Vin tanto que só quedei co tema dos 5.000 millóns de euros, o regreso de Almodóvar e un remexido de cuestións referentes ás revolucións en países de Oriente das que quedei case como estaba. É curioso como un exceso de información pode acabar producindo o efecto contrario. Así llo dicía alarmada na clase ás compañeiras: Vin tanto que non me enterei de nada. Se a isto lle sumamos o dinamismo case frenético da lectura na rede, o efecto resulta demoledor.

Con esta sensación de “sobreinformación” collín o bus de volta a casa. No traxecto (no que, por certo, a loca condutora parecía que desexaba enfervorizadamente volcar o autobú) escoitaba o murmurio da radio. Na comida, con meus pais, saíron algúns temas dos que lera pola mañá, a pesar de que nunca comemos coa televisión posta. A tarde non deu para moito, pero ao chegar a noite meu pai sacou un tema interesante. Estaba a ver na tele “Hermano Mayor” e “flipaba” literalmente co comportamento de rapaces que, con 20 ou máis anos, non sinten respecto algún polos seus pais. Xa ten saído vairas veces o tema na miña casa, pero o curioso é que o outro día nos aseguraron que a estas familias lles pagaban gran cantidade de cartos para que esaxeran o máximo o morboso do asunto. O de sempre, o que pasa tamén con Callejeros e con todos eses programas que se mostran como “documentalistas” ou esclarecedores da verdade cando non fan máis que xogar suciamente no mundo das audiencias.

Decido liscar da televisión e de semellante espectáculo e métome na rede para atopar un pouco de “paz” ou “normalidade”. Sumrrá de fondo e a música volve ser a pequena saída dun mundo que, cada día máis, fala dende a mentira.

Riveiro Rodríguez, Lorena. TGP 3Ñ

Posted on 8 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Ángel Miranda Ramos

    O tema que tratas de que a sobreinformación mais que informar desinforma, é moi interesante e de feito xa foi tema de debate na clase en varias ocasións. Parece mentira que canta máis información dispoñemos peor estamos informados. Estamos expostos a unha cantidade de información que anula en parte a nosa postura máis crítica, xa que o que provoca este exceso de información é que consumamos contidos de forma bestial, sen saber realmente o tema que se está a tratar, xa que só nos limitamos a ver información e non a asimilamos, e non damos comprendido en moitos as causas e consecuencias dalgún tema, polo que en moitos casos non sabemos a conto de que ven algunha información que se trata nos medios. Non sei os meus compañeiros, pero moitas veces algúns temas que se tratan nos medios teño que buscalos e informarme debidamente porque non son capaz de saber o que está a pasar nun determinado lugar, a razón polo que ocorreu un feito, ou a conto de que xurdiu ese tema ou conflito. En relación a isto debo mencionar, que xa non só inflúe en este tema a sobreinformación á que estamos expostos, tamén inflúe a forma na que os medios tratan a información, que polo regular non soe ser a máis adecuada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: