Ti coñecías esta historia?

Ata aquí chegou a nosa andaina cos avós. Deseguido deixámosvos as conclusións que sacamos de toda esta aventura:

• Si que se dá transmisión de valores entre avós e netos, non plena pero si parcialmente.

• En relación co apartado anterior, o compoñente social determina que esa transmisión sexa de carácter parcial. A sociedade non é estática: o contexto no que viviron os nosos avós é diferente ao noso.

• O modelo de transmisión de valores é de tipo configurativo, onde netos e avós se imitan entre pares. Con todo, os valores pasan de maiores a novos e séguense tendo en conta a opinión e os pensamentos dos avós.

• Despois de reflexionar e a pesar de centrármonos máis nuns aspectos ca noutros, chegamos á conclusión de que os factores de maior repercusión para a transmisión dos valores son: o tipo de relación avó-neto, a familia e o contexto social.

Para deixarvos con bo sabor de boca despois de papardes as conclusións, colgámosbos aquí un curioso vídeo. Esperamos que non fagades coma este señoriño que non estivo moi pendente da nosa traxectoria.

(TGA 3a1)

About Gala Martínez-Romero Martín

Amante de la Comunicación en todos sus estados. Periodismo, Audiovisual y Espectáculos. Probando mi voz. Con Kazumbo Teatro #Madrid

Posted on 11 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Equipo de crítica e correccion

    Un post muy correcto y muy buenas las conclusiones. ¿Qué nos podéis decir vosotros acerca del trabajo? ¿Qué os ha aportado? Y sobre todo, ¿ha influido en vuestra relación con los abuelos?

  2. Cristina Méndez Salgado

    A partir da miña experiencia podo dicirvos que agora vexo con outros ollos ó meu avó. Aínda que puidesteis ver en “Alegría, alegría que ven a romaría” que os nosos avós tamén tiveron tempo para divertirse, pensar por un momento que con trece anos xa se puxo a traballar nun almacén e que podía andar 6 km para vender a mercancía, si que cambia as miñas opinións con respecto ó me avó e o que eu son.

  3. Javier González Penedo

    Que inmenso valor ten a comunicación transxeracional. É unha gran maneira de manter vivos uns valores e unhas premisas que tanto condicionaron a propia historia do ser humano. A relación entre avós e netos tórnase, nalgunhas ocasións, nun vínculo circular que conforma a realidade de ambas partes. Tal e como expoñedes nas vosas conclusións, a relación que entre ambas partes se dá, a propia familia e o determinado contexto social son factores que condicionan a transimisión de valores. Sorte que dispomos da ferramenta de comunicar para que a “nosa historia”, por moitos anos que pasen, endexamais faleza.

  4. Sonia Herrera Rey

    Inevitablemente, eu tamén creo que a comunicación transxeracional é un moi bó tema para ilustrar moitos dos conceptos da asignatura. É importante estudar cómo se establece este tipo de comunicación e coincido con vós en que un dos factores de maior repercusión para a transmisión de valores é o tipo de relación avó-neto.
    Lamentablemente (e aínda que a relación que manteñamos cos nosos avós sexa boa), non moitos de nós podemos presumir de ter unha magnífica relación con eles. Sempre hai algo máis que nos gustaría saber da súa vida, das súas experiencias persoais…
    É por isto que nos tamén escollemos no noso TGP a un experto que falará sobre a comunicación entre xeracións, que esperamos complete a nosa visión actual sobre o tema.
    E para rematar deixo unha das frases celébres de Napoleón Bonaparte que penso vén moi ben ao caso: “Para hacerse comprender lo primero que hay que hacer con la gente es hablarle a los ojos”.

  5. a pesares do contacto frcuente, creo que (como vos ben dicides) a transmisión de valores e coñecementos é parcial. Ademáis do diferente contexto, existe unha barreira que a veces non deixa que a relación avó-neto sexa plenamente satisfactoria. As condiións de cada familia fan que haia unha sana conexión emocional ou non. En ocasión, o pasar tempo coa familia non é sinónimo de comunicarse verdadeiramente con ela. Hai moitos avós que, por desgracia, están condenados simplemente a exercer de niñeros cando os pais está ausentes. A indeferencia e desinterese dos nenos ( e non tan nenos) fai que a comunicación se entorpeza, e interrompe un fluxo de información que é mais interesante, e sobre todo, máis afín a nós, do que en pricipio poderiamos considerar

  6. Eliana Fernández Salgado

    Sin duda, la comunicación transgeneracional resulta un tema bastante interesante. Nuestros abuelos son como un centro de sabiduría y experiencia, que como bien dices Laura, en ocasiones es desperdiciado por una falta de comunicación entre la familia o por una falta de interés por parte de los nietos. Está claro que en ocasiones no valoramos todo el conocimiento que nuestros mayores nos pueden aportarr. Afortunadamente, en mi caso particular he disfrutado de mis abuelos, y de ellos he aprendido valores como el esfuerzo (Los dos trabajaron desde muy pequeños), la honradez y el respeto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: