Daily Archives: 12 Abril, 2011

Sen límites

Que unha radio naza nun país concreto e esté emitindo nunha lingua, neste caso falamos de Radio Agência e da lingua brasileira, non pecha a porta a outras sociedades que falen outro idioma.

Isto, polo menos é o que pensaron os traballadores desta radio xa que dende o 2006 na súa páxina web pódense descargar as informacións, as reportaxes e os comentarios en lingua española.

Dende esta data, ademais dos profesionais que permitía que esa radio nacese incorporáronse novos traballadores: Silvia Beatriz Adoue e Rafael Gatuzzo Barbieri, os encargados de traducir e doblar os contidos da radio.

Os límites non as poñen as fronteiras dos países nin tampouco os idiomas. Os límites os poñemos nós.

 

 

Carmen Hierro Rico, Comunicación Local, 4º de Xornalismo

Impresións do consumo

Despois de realizar a dieta de consumo de medios na semana do 28 de marzo ao 3 de abril, reunímonos co obxectivo de pór en común as conclusións ás que chegamos, tras unha breve paréntese dunha semana de reflexión.

Así, a continuación presentamos, a modo de síntese, as nosas resolucións.

  1. As membros do noso grupo temos unha rutina de consumo de medios que non adoitamos cambiar. Este feito ven condicionado polo noso horario lectivo, que limita o noso acceso a determinados medios, como por exemplo os informativos de televisión de mediodía.
  2. No noso caso, estamos habituadas a consultar tanto televisión como Internet. Non obstante a radio e os medios impresos carecen de presenza no noso consumo mediático diario, salvo algunhas excepcións. Read the rest of this entry

TGA 4a3 Galicia: comunicación y territorio

Como conclusión de nuestro trabajo, podemos afirmar que Galicia se hayaba en una situación de desventaja respecto al resto de España, en la medida en que desde el Gobierno central se potencian atractivos turísticos como el sol y la playa, elementos de los que Galicia no puede disponer para publicitarse. Es por eso que desde que la competencia turística pasa a las autonomías, las campañas de publicidad de Galicia están orientadas a destacar los elementos distintivos de la comunidad, frente al producto turístico español.

Por otra parte, y relacionado con esto, también es importante la presencia del Gobierno que fomente estas campañas. Así podemos ver como la marca publicitaria de Galicia Calidade, creada por el gobierno nacionalista, tiene un tinte más céltico, más místico, con palabras y expresiones típicamente gallegas. Mientras, esta nueva marca Galicia, del gobierno popular, incluye, como hemos visto, elementos bastante tópicos turísticamente hablando, como el sol y la playa; aunque se mantiene en la línea del misticismo y la magia características de Galicia.

Para finalizar, destacamos la estrategia de la empresa TURGALICIA de utilizar el marketing relacional, basado en la consecución de la plena satisfacción del cliente como principal objetivo, para transmitir un mensaje sustancialmente emocional, con la intención de que así aquello que se quiere transmitir cale más hondo en el receptor.

 

TGA 4a3

Conclusións e peche

Unha vez finalizado o TGA, utilizaremos este último post para facer un resumo das conclusións.

En primeiro lugar, salientamos que na educación regrada o cambio máis salientable é sen dúbida o cambio na concepción da importancia dos estudos. Na xeración dos nosos pais, acudir a unha escola ou instituto (e xa non digamos universidade) era un luxo ó alcance duns poucos. Ademais, viase como algo prescindible no caso dunha apretada situación económica ou a necesidade de axuda en negocios familiares. Xa non é así, hoxe en día, os estudos son algo case imprescindible, tendo en conta que na súa primeira etapa son incluso obrigatorios. Son estes estudos máis “plurais”, con menos influencia da relixión católica, máis baseados no razoamento que na memorización e menos instaurados na disciplina e na severidade.

No canto da educación social mantense valores como o respecto ós demais ou o traballo como medio para alcanzar metas desexadas, se ben a relixión católica, a disciplina férrea e a violencia física case desapareceron da educación da nosa xeración. Todo isto xunto coa tendencia á igualdade nos roles dos pais na casa lévanos a formular que a educación mellorou moito no espazo de tempo estudado, que é arredor duns 40 anos. Os fillos xa non son entendidos como unha axuda e unha sucesión; agora (aínda que sempre hai excepcións) a xeración anterior procura que a nova consiga o que eles non puideron, utilizando se é preciso o seu esforzo.

 TGA 4a1

De experimento a” voz da Universidade e do pobo”

Pasara xa un decenio dende que a radio se constituíra como servizo regular nos países máis desenvolvidos do mundo, cando nace en Medellín a primeira emisora cultural de Colombia e tamén a primeira emisora universitaria de América Latina. Corría o ano 1933. Esta xorde como resultado da experimentación física de dous profesores na materia: José J.Sierra e Próspero Ruiz. O experimento consiste nun inicial equipo de onda curta. Pero, a primeira sorpresa vén da man de que dito instrumento foi capaz de facerse escoitar en dezaoito países, non só en Colombia. Máis tarde e co apoio do Departamento de Antioquía e do municipio de Medellín, lógrase acceder a un equipo de onda longa cunha nova frecuencia. Así comeza a funcionar, en 1938, a Emisora Cultural e Experimental da Universidade de Antioquía que cobre a función de relatar o que ocorre na cidade de Medellín e presta ademais un servizo informativo e cultural.

Durante os anos 40, a Emisora cumpre a misión de informar, dunha maneira “máis ou menos imparcial”. Pero o 9 de abril de 1948, día do asasinato do caudillo liberal Jorge Eliécer Gaitán, os equipos son apagados e impídese que se divulgue o que estaba a acontecer.  A Emisora Cultural Universidade de Antioquía, pasa polo tanto, de ser un simple experimento, a converterse nun importante e transcendental vehículo de transmisión de información e educación na vida política, cultural e social de Medellín. Foi testemuña de fitos que, sen dúbida, influíron na historia de Colombia e do mundo ata dar lugar o que hoxe é, despois de máis de setenta e cinco anos, o medio masivo de maior cobertura e duración na relación Universidade-Comunidade.

Eire Valcárcel Picouto CL4X.

“A radio é o internet dos favelados”

As dúas caras da cidade

As dúas caras da cidade: morro e asfalto

 Estas son as verbas de Misael dos Santos, presidente da Fundación Educacional Radio Favela. Son reveladoras porque a comunicación pro-comunitaria ten poucos exemplos tan explícitos coma este. A radio belo-horizontina naceu para difundir a voz do morro, para inundar a cidade coa mensaxe dos que máis razóns teñen para protestar. Pero esta actitude reivindicativa foi sempre acompañada por unha vontade de cooperación e fraternidade que consagrou Radio Favela FM coma unha ferramenta de comunicación entre os propios habitantes da favela.

O acceso á radio é aberto e a participación dos ouvintes é clave. Chamadas denunciando un roubo, pedindo emprego ou vendendo un obxecto converten a programación nunha verdadeira ágora radioeléctrica na que atopar o que buscas coma se acudises á rede.

Roi Fontoira Triñanes ,  CL4X