Dieta. P.D.: Para poder dicir…..

 

Como fixeron ata o de agora os nosos compañeiros, nós queremos que saibades o que pensamos nós do noso consumo de medios. Estas son as nosas reflexións:

  • O principal soporte que utilizamos para saber o que está a pasar no mundo é Internet, que delegou á prensa en papel a un consumo irrisorio onde só unha persoa a consume diariamente.
  • Aínda que Internet nos permite acceder a moitos lugares de información, as nosas fontes informativas centránse en “El País” “El Mundo” e TVE. Podedes dicir que contrastamos a información, pero nós pensamos que en realidade non se trata dun contraste moi profundo dado que só visitamos dous medios. O que queremos reflexionar con esto é que visitamos dous medios antagónicos en canto a ideoloxía para poder dicir que contrastamos a información, aínda que en realidade o contraste non sexa tal.
  • Este consumo de medios no que a radio se atopa esquecida sérvenos para poder interaccionar cos nosos compañeiros máis cercanos, como poden ser os amigos da universidade e a familia. Falando con eles queremos mostrar as nosas reflexións,unhas reflexións que nos serven para mostrar o noso inconformismo e a nosa crítica cara o momento político actual e a situación internacional que se vive agora.
  • Nós pensamos que precisamente pola carreira que estudamos estamos máis predeterminados a incluír insistentemente as noticias nas nosas conversas e como xa dixemos, adoptamos unha postura crítica pero tamén con interese por enriquecernos a través destas conversas.
  • A nosa visión do xornalismo é crítica porque entendemos que o xornalismo é unha ferramenta de comunicación crucial nunha sociedade democrática. Ningún de nós cre que poidamos exercer a práctica da profesión obxectivamente, pero pensamos que iso non impide a honestidade profesional que nos fia contar a verdade con todos os seus puntos aínda que sexan contrarios ós nosos.
  • Para falar da situación do xornalismo hoxe entendemos que se atopa nunha situación crítica da que falamos insistentemente, pero pola contra, facemos pouco para cambiala.

 TGP 3Ñ

Posted on 14 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Es evidente el segundo o tercer plano que ocupa la prensa escrita en nuestra generación, en la que nos resulta más factible hacer una consulta a internet, ya sea desde nuestro ordenador u otro dispositivo móvil, nos llama la atención que sólo mencionen entre sus críticas a la política, eso es algo que muchos medios hacen y se necesitan crear otras agendas que no giren sólo entorno a política, o es lo que más les interesa a todos los del grupo? desde nuestro papel de estudiantes qué podemos hacer para cambiar esta situación tan crítica por la que atraviesa el periodismo?

  2. Evidentemente a política interesános a todos en tanto que afecta o conxunto da sociedade. Así as cousas, nós coma futuros xornalistas estamos moi interesados nela, máis aínda, porque o periodismo aínda conserva esa función orixinaria de creador de opinión e mobilizador de conciencias. Outra cousa son os pseudoacontecementos que crean os políticos e inundan a axenda mediática, que xa non entran dentro do que entendemos por interese xeral.
    Coma estudantes e futuros comunicadores temos que tomar conciencia da nosa responsabilidade co público. Elaborar informacións completas, contrastadas é a mellor forma de salvar a profesión da falta de credibilidade que a ataca. Claro está que se nos dedicamos só a copiar comunicados de prensa dos grupos de poder o noso labor morre.

  3. Ángel Miranda Ramos

    A política interésanos a todos porque afecta a toda a sociedade.Nós como aspirantes a xornalistas debemos estar interesados nela, porque o xornalismo ten como unha das súas principais funcións a de crear opinión e mobilizar a sociedade. Coma estudantes e futuros profesionais da comunicación temos que tomar conciencia da nosa responsabilidade coa sociedade. Crear informacións completas, contrastadas é a mellor forma de outorgarlle á profesión a falla de credibilidade que posiblemente está a sufrir na actualidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: