Entre iPods e transistores

Basilea (Suiza), na súa area metropolitana: 731.000 habitantes
RadioBasel.ch páxina de facebook: 2.169 seguidores

Medellín (Colombia), na súa área metropolitana: 3.740.000 habitantes
Radio Super Medellín no seu twitter: 506 seguidores

Esta comparativa fainos reflexionar sobre o acceso das comunidades ós medios e fannos ver claramente a desigualdade existente entre un país do primeiro mundo a punto nas novas tecnoloxías e cunha sociedade completamente urbana e Medellín, onde o éxodo masivo rural cara as cidades marca este gran abismo.
En Radio Basel pódese descargar unha aplicación para iPod e iPad que permite saber a tempo real a situación dos aparcamentos da cidade, por exemplo. Mentras que Radio Super Medellín é moito máis rudimentario, aínda que non se pecha ás redes sociais e intenta ter un feedback na rede cos seus oíntes.
Ademais das tecnoloxías, existe tamén un abismo social. Mentres que en Radio Basel emiten programas sobre moda, novas tecnoloxías ou avances na Medicina, en Radio Super Medellín fan magazines para a “familia” con programas para amas de casa e nos que intentan inculcar como sexa a moral católica, con varios programas nos que se “solucionan” os problemas da xente mediante a oración e a conducta moral que eles consideran.

MANUEL RIAL

Posted on 14 Abril, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: