Por que Finlandia?

No meu caso, tiña claro, dende moito antes de nin sequera ser universitario, que quería ser Erasmus algún día. De pequeno non me saía do tópico e gritaba ós catro ventos que algún día me iría de Erasmus a Italia. Pero por que este cambio tan brusco, diredes. Anda que non hai diferenzas entre Italia e Finlandia.
Ben, eu quero que o meu Erasmus sexa unha experiencia integral en tódolos sentidos. Desexo coñecer e integrarme nunha cultura totalmente distinta á miña, polo que os países mediterráneos xa os descartara hai bastante tempo. Por outra banda, eu nun principio pensaba en Dinamarca. Tiven moitas dúbidas entre Dinamarca e Finlandia. ¿Que me decidiu finalmente? Finlandia supón un cambio máis radical. Na cidade á que eu marcho, Tampere, en inverno son habituais temperaturas de – 30º (si, léchedes ben!!!), as horas de luz son escasas e a forma de vida totalmente distinta. Amais, eu sempre quixen ir á Laponia, a esa Rovaniemi que constitúe o comezo do círculo polar a ver as “Northern Lights” (luces do norte ou auroras boreais, como prefirades chamalas).

Por outra banda, Finland é un país estratexicamente colocado para que eu poda moverme e viaxar moito o ano que vén. Estarei pretísimo de San Petersburgo (a menos de 5 horas en tren). Poderei visitar non só Rusia, senón que tamén me quedan moi a man Noruega, Suecia, Estonia… Unha zona de Europa á que, penso, é moito máis complexo viaxar que ó sur. Esta é a miña oportunidade.

Así mesmo, a “School of Communication, Media and Theatre” da UTA (University of Tampere), onde estudarei eu o próximo curso, é unha institución de recoñecido prestixio internacional, punteira en novas ferramentas e medios dixitais. As súas bondades académicas foron o que remataron por decidirme. É unha universidade que amais 0rganiza ós seus estudantes en irmandades universitarias ó máis puro estilo “American Pie”. Pablo Mayo -quen se vén comigo a Tampere- e mais eu, formaremos parte da Voftok, a irmandade de estudantes de comunicación, e iremos a festas, eventos cos nosos novos “irmáns”.

A UTA non concibe a universidade como só estudar ou facer traballos. Para eles o deporte é importantísimo. De feito, xa deixan unha parte do día libre para que os estudantes nesas horas practiquen deporte. E eu, que xa me informei, xa sei que alí vai moito o piragüismo e o transporte en kayaks. Estou feliz. Eu competía en piragüismo de pequeno, pero mudei de pobo e deixeino. É a miña posibilidade para retomalo.

En definitiva, Finlandia é un país que me permitirá coñecer unha realidade nova e totalmente afastada do que vin ata agora, axudarame, espero, a toma-la vida con máis calma e a relativizar un pouco máis as cousas.

Ah si, e que non nos falte vodka.

Un saúdo a todos.

Diego Fernández Fernández

Posted on 16 Abril, 2011, in Documentos and tagged . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Javier González Penedo

    Apaixoante semella todo o que nos estás a contar. Quizais sexan esas frías terras do norte un exemplo onde, mediante unha nova cultura, sociedade e lingua, se fundamente a tan necesaria e admirable tolerancia polo distinto e polo cosmopolita.
    Por certo, non tiña constancia da enorme relevancia que exerce a práctica deportiva nese país do norte europeo. Disfruta da experiencia regular en Kayak. Xa nos contarás.

  2. Martínez Hermida

    Esperemos no se les congelen las buenas ideas que han demostrado ambos en la materia, si no que ellas activen la “polaridad” y la travesía. Interesante propuesta tomar Finlandia como plataforma para recorrer el Norte. Y es cierto, Finlandia es una marca de vodka, no de ginebra. Es que uno a ciertas horas no sabe lo que bebe…ni otras cosas más.
    Marcelo

  3. Ola
    Chámome Moncho, estiven en Tampere no 2003, a UTA é un sitio estupendo, se te vas á residencia que pillei eu, Mikontalo, daquela os cuartos eran triples ou dobres, agora son individuais polo que me contaron. Para irte a Tampere, podes coller avión de Ryanair ata Londres Stanted, e de alí hai voo directo a Tampere, se non o quitaron.
    Si, aproveita para facer deporte, e sobre todo, se te convidan a excursións polo bosque, faino, é toda unha experiencia. Como non sei nadar, collía facer percorridos p olo monte.
    Outra cousa, se podes, apreden o máximo de finés, desde logo que che será útil, e non te asustes polo seu carácter, se topas con persoas que viaxaron polo mundo, son xente moi aberta, ah, non lles gusta convidar a tomar algo, e se convidas, faino só unha vez e a persoas da túa confianza. Os caixeiros automáticos, cando estaba eu, chamábanse Otto, é a empresa que os leva, e non se pagan comisión alí, se usas as tarxetas de aquí si. O transporte urbano, cando estiven eu, a partir das doce da noite hai que pagar dous euros de máis, se levas tarxeta de bus, fana no concello e/ou oficinas postais e quioscos, os Rkioski, renovan as tarxetas.
    Atende cando fagas a tarxeta de transporte, é importante que lles digas que es estudante, senón, pagarás como se foses cidadán non universitario.
    Para os deportes, supoño que che porán un titor na universidade, será un estudante que che indicará o que tes que facer con papeleo etc. preguntalle polos equipos de kayak, sendeirismo e tamén piragua, que hai alí.
    Logo, podes apuntarte noutras cousas, como a biblioteca municipal, eu aínda conservo todas as tarxetas, pero se sacas un libro e o devolves fóra de prazo, son 12 euros de sanción.
    Saír alí, ata as catro, o tabaco é prohibitivo, gústalles moito bailar, e pechan cunha lenta para bailar un agharrado.
    Por outra banda, fixen colegas de varios sitios, pero o mellor é que te abras a todos, non te peches en círculos spanish, que tamén fan os italianos, o mellor é mirar de buscar por todas partes.

    Nada máis, se queres algo en especial e se che podo axudar, envía mail ao enderezo que che puxen arriba
    chao

  4. Okey, moitas gracias por toda a información. Para calquera cousa non dubidarei en pórme en contacto contigo.

  1. Pingback: Unha semana parca en comentarios. | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: