Daily Archives: 19 Abril, 2011

Mundo de la Vida

Este artículo elaborado por Ricardo Salas Astrain, doctorado en Filosofía por la Universidad Católica de Lavoina, “El  mundo de la vida y la fenomenología sociológica de Schütz” explica claramente el significado del Lebenswelt o del Mundo de la Vida. A demás aporta críticas, aportaciones, explicaciones y reflexiones que realizó el pensador Schütz, padre del concepto a tratar. Read the rest of this entry

Os comentarios da semana!

Hoxe, co traballo conxunto dos grupos EIC e Crítica e Corrección, podemos abrir un novo fío sobre os comentarios máis destacados da semana, para que vos poidades ir facendo unha  idea de por onde andan os debates máis encarnizados, os temas máis intrigantes ou sinxelamente os comentarios máis elaborados.

En primeiro lugar, atopamos o gran debate que se montou a raiz das polémicas conclusións do grupo 4A3 sobre o uso que facemos das redes sociais, no seu artigo  Facebook, ha sido un placer.

Tamén o interactivo 4 nos deixou un exemplo de que a simplicidade pode ser o clave do bo gusto e a corrección: “Moi interesante todo, si” no medio doutro debate bastante intenso sobre a  evolución da educación.

Por último, o elemento subversivo de hai un par de semanas, Carlos Callón, volveu regalarnos unha visita, (desta volta dixital) solicitando que non se malinterpreten as súas verbas. Tédelo en  Porque un debate non é unha pelexa.

Un saúdo e deica a semana que vén.

EIC

Tecnoloxía comunitaria

Falando de novo da televisión Cidade Livre, de Brasil, hai que destacar a necesidade de chegar cada vez a máis xente que teñen tódolos medios de comunicación que ofrecen servizos a favor da sociedade. Para isto deben saber aproveitar as oportunidades que veñen coa tecnoloxía, por exemplo as redes sociais. Neste sentido a televisión rioclarense ten moito que desenvolver: teñen unha conta en Twitter e un blog, pero sen actualizar dende o 2010, e colgan vídeos periodicamente en YouTube.

Ata non fai moitos anos, un medio comunitario estaba ironicamente atrapado nas fronteiras da comunidade á que se dedicaba. Isto limitaba o seu alcance, e tamén as súas posibilidades de supervivencia, posto que evidentemente un medio ten máis rendibilidade económica canto maior sexa a súa audiencia. Pero isto cambiou coa aparición de Internet, e hoxe nas redes sociais os medios comunitarios poden atopar un aliado co que poder darse a coñecer no mundo, e non só iso, tamén poden aumentar a posibilidade de interacción co usuario, conseguindo unha retroalimentación que faga desta televisión un medio verdadeiramente comunitario.

Ana López Gómez, CL4X