Daily Archives: 20 Abril, 2011

RadiONeria enmudece tras unha denuncia anónima

A radio local de Corcubión, RadiONeria, colgou o cartel de “peche temporal de emisión” en marzo. A razón: a situación de ilegalidade na que se atopa o radioenlace que a conecta co Monte do Son (Cee). O vertixinoso aparato lexislativo tipifica coma ilegal un repetidor que se atope fóra do municipio da radio local en cuestión. Mais, ¿é a única radio que incumple esta normativa? ¿Que pasa coas emisoras con sede física en Santiago e permiso de emisión para Padrón ou Ordes? Ah! Esas son privadas, mentres a outra é o soliloquio deficitario dunha bisbarra calquera…

Read the rest of this entry

Coma un vikingo

Dende que comecei a carreira tiña ben clariño que quería facer un  Erasmus. Sempre me imaxinei botando un ano na vella Inglaterra ou en Alemaña pero, contra todo pronóstico, Finlandia acabou por ser o meu destino. E a verdade é que a idea me fascina.

Marcho para Tampere, que vén ser a segunda cidade máis grande do país. Aniñada no mesmo corazón do Norte, Tampere fica a arredor de 1ookm de Helsinki e a apenas 5 horas de tren de San Petersburgo. Como vos podedes imaxinar o frío está máis ca asegurado, podendo acadar temperaturas de até 30 baixo cero! Menos mal que xa merquei un bo abrigo. Falando da situación de Tampere, dende a urbe é doado viaxar ao resto das Repúblicas Báticas, pero tamén a Estonia, Bielorrusia… Vamos, que é a oportunidade perfecta para facer un pouco de turismo por eses países aos que non te podes ir de fin de semana. Amais, a cultura finesa semella moi distinta e atractiva e creo que me vai vir xenial entrar en contacto cun mundo tan distinto.

Read the rest of this entry

¿Cómo conxugar comunidades en Belfast?

 

Zygmunt Bauman, no seu libro “Comunidad: en busca de seguridad en un mundo hostil”:

«Comunidad» es una de esas palabras que producen una buena sensación: está bien «tener una comunidad», «estar en comunidad». La «comunidad» representa el tipo de mundo que anhelamos habitar pero al que, por desgracia, no podemos acceder. Hoy, «comunidad» es sinónimo de paraíso perdido, aunque un paraíso que todavía esperamos encontrar en nuestra búsqueda febril de los caminos que nos pueden llevar a él. Pero el privilegio de estar en comunidad tiene un precio. La comunidad nos promete seguridad pero parece privarnos de la libertad, del derecho a ser nosotros mismos. La seguridad y la libertad son dos valores igualmente preciosos y codiciados que pueden equilibrarse hasta cierto punto, pero que difícilmente se reconciliarán jamás de forma plena. Es improbable que se resuelva nunca la tensión entre la seguridad y la libertad, y entre la comunidad y la individualidad.

Daquela, ¿cómo conxugar os diversos colectivos exitentes aínda hoxe na históricamente convulsa Irlanda do Norte? Pois NvTv defínese a sí mesma como unha canle comunitaria que pretende poñer enriba da mesa os puntos de vista de tódalas versións existentes na cidade de Belfast. Programas para a xente nova, para os non tan novos, de recuperación do patrimonio histórico, promoción das artes e de difusión da lingua irlandesa e do escocés do Ulster… A grella desta televisión de Belfast propúxose o reto de amosala diversidade do Norte de Irlanda.

¿Acadou o seu obxectivo?

Pazos Garrido, Mª de los Ángeles CL4X

Igrexa e radio

A Igrexa Católica tivo un papel destacado nos inicios e na creación de radios comunitarias en México, e por extensión, en toda América Latina. A través dun perfil eminentemente social e educativo, conseguiu empregar o medio radiofónico e expandir a súa escoita a moitos sectores marxinados da comunidade latinoamericana. Un dos fins máis importantes, era a castelanización da poboación, coa ausencia en todo caso, dos principios de colonialismo que se poderían proxectar con esta misión, era o coñecemento dunha lingua que se emprega con maior proxección no país e do que moitas aldeas indíxenas descoñecían.

Con ese espírito, a comunidade indíxena segue marcando as pautas de como facer unha radio realmente comunicativa e á medida dos seus potenciais oíntes primando a comunicación de emisor e o propio receptor. Esa vontade segue moi viva e o respecto pola cultura malla, por exemplo, mantense introducindo ás novas xeracións -dominadas en moitos casos pola cultura americana- nos propios programas para que se poidan expresar na súa lingua nativa (aínda que tiveron que pasar moitos anos antes de que a dirección de La Voz de los Mayas e o propio INI estivera dominado por mexicanos mestizos ou indíxenas).

No caso español existen iniciativas de formación por parte da Igrexa Católica para adultos, a nivel privado e sen ánimo de lucro, como o caso de Radio ECCA, en mans dos xesuítas. Radio ECCA naceu en 1965 en Canarias e é fundación desde 1985 con sedes en Andalucía, Baleares, Estremadura, Galicia, Madrid e Murcia, ademais de estar presente en varios países latinoamericanos. En Galicia ten centros nas catro provincias e unha única emisora en Vigo coa FM 96.5. porén, o uso que fai a Igrexa da radio no noso país non ten o mesmo calado social que en Latinoamerica. Durante estas décadas, pasaron por ECCA máis de dous millóns de alumnos e máis de douscentos traballadores e colaboradores.

Fariña Santos, CL4X

Tampico, Domingo de Ramos

Buenos Días!!!

El domingo pasado  17 de abril  los tampiqueños celebramos “El domingo de ramos”, algunos si y otros…no.El punto de mayor concentración en la ciudad fue la famosa Plaza de Armas, ubicada en el Centro histórico de la ciudad.

Los puestos improvisados con tablas daban a conocer los ramos.  Se logra apreciar a las 5:30 de la tarde, una extensa fila para dar entrada a la misa de las siete. Ya dentro de la catedral a las 6:40 una monja da un pequeño anuncio “Los ramos serán bendecidos hasta las ocho de la noche” en ese momento pensé “Madre de Dios”.

Como la hora de cenar se acercaba, decidí salirme e ir al otro extremo de la Plaza donde se encuentra un pequeño local americano llamado “SUBWAY” (haz de saber que en Tampico se encuentra una gran cantidad de franquicias americanas); al llegar al negocio perdí la noción del tiempo, que al momento de salir… ya eran las ocho y media. Para mi suerte por la gran cantidad de gente en la catedral, el padre seguía bendiciendo los ramos.

Con mi ramo bendecido en la mano, decidí tomar un paseo por la “Laguna  del Carpintero” las luces anaranjadas de sus caminos, los niños jugando fútbol con improvisadas porterías daban un ambiente de tranquilidad. En el momento de que el reloj marco las 9:20 de la noche, fue entonces que decidí regresar a casa.

Antonio