Coma un vikingo

Dende que comecei a carreira tiña ben clariño que quería facer un  Erasmus. Sempre me imaxinei botando un ano na vella Inglaterra ou en Alemaña pero, contra todo pronóstico, Finlandia acabou por ser o meu destino. E a verdade é que a idea me fascina.

Marcho para Tampere, que vén ser a segunda cidade máis grande do país. Aniñada no mesmo corazón do Norte, Tampere fica a arredor de 1ookm de Helsinki e a apenas 5 horas de tren de San Petersburgo. Como vos podedes imaxinar o frío está máis ca asegurado, podendo acadar temperaturas de até 30 baixo cero! Menos mal que xa merquei un bo abrigo. Falando da situación de Tampere, dende a urbe é doado viaxar ao resto das Repúblicas Báticas, pero tamén a Estonia, Bielorrusia… Vamos, que é a oportunidade perfecta para facer un pouco de turismo por eses países aos que non te podes ir de fin de semana. Amais, a cultura finesa semella moi distinta e atractiva e creo que me vai vir xenial entrar en contacto cun mundo tan distinto.

Así mesmo, a Universidade de Tampere é moi prestixiosa e no ámbito do xornalismo e a comunicación destaca por ser punteira en novas tecnoloxías e periodismo en rede. Deste xeito, poderei ver de preto as novas prácticas xornalísticas da era web. Por outra banda, o concepto de universidade dos fineses é tremendamente distinto. Tes unha amplísima liberade á hora de planificar os teus estudos. Isto xa me trouxo (e me trae) dores de cabeza para escoller as materias e facer o Acordo de Estudos, todo ten o seu lado malo tamén. Por outra banda, segundo afirman, no sistema finés o importante non é estudar para facer un exame, senón aprender. Lectura de libros, clases online, charlas… todo se combina para lograr a formación máis interdisciplinar e completa posible, personalizada e adaptada ao alumno.

Finalmente, como non podía ser doutro xeito, tamén hai que aproveitar os praceres do ano Erasmus. Tampere é unha cidade universitaria e moitos estudantes son estranxeiros, polo que a festa, aínda que non ao aire libre, está garantizada.

Dito isto, pódome despedir do xamonciño rico e a empanada. Adeus! Ou como se di en finés: näkemiin!

Mayo Cerqueiro Pablo

Posted on 20 Abril, 2011, in Documentos and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Javier González Penedo

    Aprender debería ser o eixo básico en calquer método de aprendizaxe. Dende o meu modo de ver, se non hay reflexión, interiorización e adquisición de coñecementos, o verdadeiro obxectivo a nivel académico non se pode cumprir. Xa nos contarás a posteriori con exactitude a túa experiencia vivida nese sistema de estudos.
    Por certo, ollo coas pulmonías e leva o mellor que poidas a ausencia da tan grata empanada galega!

  2. Graciñas e tranquilo xa merquei un bo abrigo para resistir as temperaturas polares. Respecto ao da educación, como xa dixen no propio post, non podo estar máis de acordo contigo.

  3. Lucía González

    Boa sorte Pablo!. Vas a ir a un dos países coa mellor formación educativa e dende logo, convivir nunha sociedade tan diferente a nós como nos quilómetros que nos separan dela.
    Espero que aprendas moito e que para cuarto veñas e nos achegues a túa experiencia persoal, que será moi boa. Iso si, como di Diego aproveita para tomar o sol mentras poidas que ali non o verás !

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: