Daily Archives: 22 Abril, 2011

As lendas como memoria histórica

A Real Academia Española inclúe, entre outras, a acepción de lenda, como “relación de sucesos que tienen más de tradicionales o maravillosos que de verdaderos o históricos”.  A definición semella correcta. En principio, é así. Todos temos a idea, máis ou menos, de que unha lenda é aquilo que xorde, normalmente a posteriori dun feito que é real, e ó que nós despois lle outorgamos un carácter máxico ou marabilloso. Pero, en cambio, pode que unha lenda sexa capaz de ilustrar unha realidade, un fito histórico, un costume… dun xeito moito máis didáctico do que o fai un libro de texto cos nenos que están en idade de aprender sobre a historia do seu país.

Sen embargo, e por desgraza, non existe un reflexo importante nos percorridos turísticos dunha cidade sobre as lendas. Poño por caso, a miña cidade natal, Ourense, onde non temos testemuñas gráficas nin textuais ó longo das nosas rúas das nosas crenzas, como é a famosa lenda do Santo Cristo da catedral ó que, segundo conta a tradición popular, lle crece a barba, que é un postizo de cabelos naturais. Non ocorre o mesmo na capital de Castilla-La Mancha, Toledo, onde podemos empaparnos da tradición e lendas toledanas mentres camiñamos polas súas rúas, grazas á fermosas placas que nos informan da tradición popular no lugar e momento preciso. Velaí, a imaxe dunha destas nas que se conta a famosa lenda do “Pozo amargo”, reflexo dos conflitos de relixión presentes nas relacións sentimentais da chamada cidade das “tres culturas” (musulmá, xudía e cristiá).

Unha relación rota

Eire Valcárcel Picouto 4CLX.