Daily Archives: 24 Abril, 2011

Os oíntes tamén poden ser emisores

Radio Guiniguada, ao ter un carácter comunitario, está aberta á participación cidadá. Brinda os seus estudos a calquera persoa que queira expresarse e ser partícipe da construción dun medio de comunicac

ión. Presenta varias fórmulas de participación: colaboración anónima, limpeza, doazóns… ata realizar un programa de radio, pasando incluso por axudas á xestión do día a día da mesma, como control de son, recados, organización…etc. Ademais, de aportar ferramentas comunicativas e técnicas a través dos talleres de radio, conferencias e algúns servizos interactivos dende a páxina web da emisora.

De xeito máis concreto, Bajo Flores ofrece espazos para que sexan programados polos oíntes. Un exemplo disto é “La tarde musical. Lo pedís, lo tenés”. E como no caso anterior, tamén dispón de servizos interactivos dende a súa páxina web. Así mesmo, Bajo Flores ofrece gran variedade de actividades permanentes: talleres de radio para nenos, nenas, adolescentes e mozos, escola de fútbol da radio, apoio escolar e comedor El Rescate dende cativos a mozos de familias con poucos recursos.

Lorena Ruibal Serra Cl4x