Daily Archives: 25 Abril, 2011

La seguridad tiene un precio

En esta obra de Zygmunt Bauman, la comunidad es <<una de esas palabras que producen una buena sensación>>. A modo de utopía, eso sí, esta comunidad acaba representando para todos  nosotros el tipo de sociedad que profundamente buscamos pero al que no podemos acceder.

Como bien dice el autor, todos pagamos un precio por estar en una determinada comunidad. Ella nos promete seguridad, pero también, a cambio, debemos privarnos de nuestra libertad, de comportarnos como nosotros mismos.

Del mismo modo que ambos valores no encuentran un equilibrio armónico, los debates entre la comunidad y la individualidad tampoco lo harán, al menos no en un principio.

No sólo estas percepciones individuales son analizadas por Bauman. El Estado también aparece como fuente de poder, emulando la protección que nos proporciona la comunidad, así como también sus debilidades e ineficacia en muchos casos.

3P

Seguimos coa documentación

Seguro que atopades estes textos como interesantes actualizacións ou puntos de vista a ter en conta relacionados cos temas cinco e sete.

Por unha parte, deixámosvos un texto sobre os procesos de contrucción das entidades nacionais, particulamente en México, e facendo unha interesante precisión nos conceptos de nación e patria.

http://aplicaciones.colef.mx:8080/FronteraNorte/articulos/FN38/2-f38_Frontera_en_la_comunidad_imaginada_del_siglo_XIX.pdf

E en segundo lugar, un texto no que se explican os fundamentos para unha boa comunciación intercultural, nun momento de grandes choques de culturas, especialemente entre o mundo “desenvolvido” e o terceiro mundo.

http://www.aloj.us.es/gicomcult/portada/37tx/5.htm

TGP 3P

Radio FilispiM e La Voladora Radio: similitudes e diferenzas

Da análise de Radio FilispiM e La Voladora Radio puiden extraer a conclusión de que se trata de dous medios que presentan bastantes similitudes entre si, a pesar do diferentes que son as comunidades ás que se dirixen: a comarca de Ferrol no primeiro caso e o municipio mexicano de Amecameca de Juárez no segundo. Os dous procuran unha mestura do discurso altermundista, con programas onde teñen cabida grandes causas universais, e a función comunitaria, con espazos desenvolvidos por asociacións da zona. Ademais, ámbalas dúas radios se organizan de xeito asembleario e prescinden da publicidade para financiárense, co fin de garantir a súa independencia.

Tamén as dúas tentan dar resposta a necesidades verdadeiras das súas comunidades, que teñen que ver coa defensa de valores culturais. Así, Radio FilispiM fomenta o galego nun territorio no que o seu uso se viu especialmente prexudicado por razóns históricas, e La Voladora trata de rescatar precisamente a historia e identidade de Amecameca. Non obstante, difiren no feito de que a primeira naceu especificamente para esa comunidade, mentres que a segunda xurdiu como unha radio itinerante, herdeira do discurso alternativo dunha radio universitaria e que posteriormente se vinculou a un municipio, cando descubriu as súas necesidades.

Como principal diferenza cómpre destacar que Radio FilispiM semella controlar máis o acceso da comunidade ao medio, xa que esixe o pago dunha cota aos asociados e establece unha liña editorial moito máis específica.

Alba Lago Martínez, CL4X

Non só é locutar

A pesar de que a maioría da xente que colabora con RadioRitmo Getafe o fai realizando un programa de radio, non só se pode participar neste medio, desta forma.

Así, tal e como afirma Alba Lucío, traballadora da radio, hai veces que persoas achéganse o estudio interesadas en participar na Asociación, mais sen o interese de locutar nun programa de radio. Neste caso, o que intentan é que colabores nalgún programa xa existente en labores técnicas, en producción, guión… ou ben se lles propón que formen parte das diferentes comisións de traballo que existen (tecnoloxía, comunicación legal, outras actividades paralelas…) aínda que non estén traballando un programa periódicamente.

A radio non é só voz.

Carmen Hierro Rico. Comunicación Local, 4 de Xornalismo

Tertulias en Vallecas

Un dos programas máis destacados de Tele K é La Tuerka, que ofrece de forma semanal un debate de temas da actualidade política. Contan ademais cunha web propia na que analizan de forma constante os programas: http://www.latuerka.net/. Este vídeo é un exemplo do tratamento dos contidos que podemos atopar en La Tuerka:

Ana López Gómez, CL4X