Non só é locutar
A pesar de que a maioría da xente que colabora con RadioRitmo Getafe o fai realizando un programa de radio, non só se pode participar neste medio, desta forma.
Así, tal e como afirma Alba Lucío, traballadora da radio, hai veces que persoas achéganse o estudio interesadas en participar na Asociación, mais sen o interese de locutar nun programa de radio. Neste caso, o que intentan é que colabores nalgún programa xa existente en labores técnicas, en producción, guión… ou ben se lles propón que formen parte das diferentes comisións de traballo que existen (tecnoloxía, comunicación legal, outras actividades paralelas…) aínda que non estén traballando un programa periódicamente.
A radio non é só voz.
Carmen Hierro Rico. Comunicación Local, 4 de Xornalismo
Posted on 25 Abril, 2011, in Documentos and tagged Comunicación Local, Radio. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Totalmente de acordo contigo. É máis, o transfondo, o que non se ve, o que pasa inadvertido para o público, é o que posibilita que a voz do locutor sexa recibida por todos os ouvintes. A gloria sempre vai para o “visible” (neste caso para o “audible”), pero sen a incesante labor e dedicación de todos aqueles que están detrás, moitas das cousas sairían de maneira moi distinta ó que realmente resultan ser. Sempre que ambos acheguen exactamente o mesmo, ten o mesmo valor o traballo da “estrela” como a do “obreiro” que exerce dende a sombra, xa que o que verdadeiramente importa é que o produto resulte o mellor e máis idóneo posible.