Radio FilispiM e La Voladora Radio: similitudes e diferenzas

Da análise de Radio FilispiM e La Voladora Radio puiden extraer a conclusión de que se trata de dous medios que presentan bastantes similitudes entre si, a pesar do diferentes que son as comunidades ás que se dirixen: a comarca de Ferrol no primeiro caso e o municipio mexicano de Amecameca de Juárez no segundo. Os dous procuran unha mestura do discurso altermundista, con programas onde teñen cabida grandes causas universais, e a función comunitaria, con espazos desenvolvidos por asociacións da zona. Ademais, ámbalas dúas radios se organizan de xeito asembleario e prescinden da publicidade para financiárense, co fin de garantir a súa independencia.

Tamén as dúas tentan dar resposta a necesidades verdadeiras das súas comunidades, que teñen que ver coa defensa de valores culturais. Así, Radio FilispiM fomenta o galego nun territorio no que o seu uso se viu especialmente prexudicado por razóns históricas, e La Voladora trata de rescatar precisamente a historia e identidade de Amecameca. Non obstante, difiren no feito de que a primeira naceu especificamente para esa comunidade, mentres que a segunda xurdiu como unha radio itinerante, herdeira do discurso alternativo dunha radio universitaria e que posteriormente se vinculou a un municipio, cando descubriu as súas necesidades.

Como principal diferenza cómpre destacar que Radio FilispiM semella controlar máis o acceso da comunidade ao medio, xa que esixe o pago dunha cota aos asociados e establece unha liña editorial moito máis específica.

Alba Lago Martínez, CL4X

Posted on 25 Abril, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Javier González Penedo

    Defender a raíz da que brota unha determinada cultura sempre é algo digno de admiración. Os valores culturais son sinais inequívocos das comunidades, e o seu coidado e protección deberían ser aspectos a coidar por todos e cada un dos integrantes desa comunidade en si.
    De reseñar tamén é o que comentas da renuncia de ambas radios de financiarse mediante publicidade. Rexeitar ingresos coa fin de preservar a independencia como medio é algo ó que non todos están dispostos a acatar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: