Canal SET: Un novo habitante de Santa Eulàlia

No ano 1991, un grupo de xente de Santa Eulàlia de Ronçana comezaba un proxecto con moita ilusión: facer televisión para os seus veciños. Había máis ilusión ca profesionalidade, máis ganas ca medios pero, a pesares diso, a iniciativa saíu adiante. En parte, grazas ó impulso do Concello, que colaborou decisivamente na adquisición do material e na cesión do edificio do antigo dispensario de La Sagrera, acondicionado como plató e realización. A información xeral sobre a vida no pobo foi o eixo vertebrador da televisión. De feito, SET Informa é o programa máis seguido polos telespectadores. O primeiro informativo emitiuseo o 3 de novembro de 1991.  A evolución foi unha palabra que marca e marcou a historia da televisión de Santa Eulàlia. En tódolos aspectos, dende o ano 1991 ata a actualidade. Un dos elementos nos que máis se notou é nas emisións. Ao principio só había o día do directo (domingos ó mediodía ou sábados pola noite dende a temporada 94-95) e os martes e xoves pola tarde, cando se repetía a programación. A partir de octubre de 1997, as emisións empezaronse a ver cada mediodía e dende abril de 2001, repítese cinco veces ao día. Hoxe, grazas un sistema de continuidade, xestionan a programación de Canal SET a través dun ordenador. O paso do tempo tamén significou o incremento do número de programas. Pero, a produción propia coa que naceu Canal SET foi minguando pouco a pouco.

Sheila Carballo Pérez CL4X

Posted on 26 Abril, 2011, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: