“Xornalismo, comunicación e cidadanía”. Cal é o futuro do xornalismo?

O pasado 13 de abril asistimos a unha conferencia organizada polo grupo Mocidade Nacionalista galega sobre “Xornalismo, comunicación e cidadanía. A revolución 2.0”. Luís A. Pousa, un dos conferenciantes, abría o debate afirmando que no mundo de hoxe, onde dominan as relacións de mercado, non se pode garantir unha información de calidade. “A multiplicación dos medios e das informacións o que fai é multiplicar os ruídos”, “As redes xogan en contra do xornalismo ao ofrecer un exceso de información que para nada significa a posibilidade de estar mellor informados”, “estamos sometidos á ideoloxía da globalización”. É a crise do xornalismo que, segundo Luís A. Pousa, está potenciada polo que denominou censura democrática.

Pero o xornalismo de verdade está en crise ou só se está reinventando? É o xornalismo cidadán o futuro? De quen é a culpa da crise de credibilidade dos medios? Quen debe dar o primeiro paso?

Xan Codesido, segundo conferenciante, afirmaba que o xornalismo cidadá non existe pois “a información que producen os cidadáns non está feita para ser consumida […], a cidadanía comunica pero non é xornalista […], a figura do xornalista como intermediario é necesaria”. Silvia Carregal ía un paso máis alá e dicía de cara o futuro que, para mellorar a situación actual, ambas partes debían dar un pequeno paso, os medios ofrecendo informacións de maior calidade porque “teñen unha función educadora que implica unha certa responsabilidade nos seus contidos” e o público demandando esa mesma calidade porque finalmente “os xornalistas publican o que publican porque é o que demanda a maioría”.

TGP 2L

Posted on 27 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Javier González Penedo

    A rede oferta informacións que ningún xornalista debe obviar. Porén, a inmensa cantidade de datos que este soporte achega non debe ser a única fonte da que “bebe” o bo xornalista. Unha denotada e rigurosa actividade comunicadora sempre traerá consigo os diversos e tan necesarios procesos de indagación e contraste pertinentes, xa que, e alén da tan desgraciadamente extendida comodidade, o cidadán merece un produto que o informe e que o forme.
    Toda canto dato sexa proporcionado polo cidadán de rúa nunca deberá ser ignorado, mais eu tamén creo da necesidade desa figura como é a do xornalista que actue de mediador entre a noticia e o público.

  2. Corrección Grupos 1-2

    Boa entrada, sen dúbida. Estamos completamente de acordo co que dixo Pousa ó respecto do ruído informativivo producido polo sobreexceso de información innecesaria que se emite dende as redes sociais e outras plataformas. Os xornalistas deben abogar por unha labor na que impliquen certamente ó cidadán pero non de xeito superior ou arrogante, senón situándose na súa mesma esfera. Non credes que debera ser así?

  3. Lucía Caride Nimes

    Moi bo o post. Estou dacordo co que di o grupo de correción. Sinto (e quizais sexa cousa miña) que a xente, a cidadanía en xeral ve cada vez máis os medios de comunicación como algo afastado, como unha fonte de poder (que o é) e non como un lugar ao que acudir para saber o que acontece. Cada vez hai máis “información”, moita para que sexa posible conseguir estar ben informados. Estamos nunha fase de transición nesta profesión (cando non?) pero temos que ir con ollo se non queremos afastarnos demasiado do noso obxectivo e do público ao que nos diriximos.

  4. Ángel Miranda Ramos

    Felicidades polo post. A diferenza d algúns dos meus compañeiros, eu penso que os medios de comunicación non están cada vez máis relacionados co poder, ou como algo imposible, senón todo o contrario, os medios cada vez están máis integrados na sociedade e os cidadáns cada vez forman máis parte deles.
    Un exemplo atopámolo nestas últimas grandes catástrofes que viviu o mundo, xa que senón é pola información que nos proporcionaron os cidadáns deses lugares, non coñeceriamos nin a metade do que puidemos coñecer.
    Deste xeito non creo que o xornalismo cidadán sexa o futuro, o futuro somos nós, os profesionais da comunicación, que tratamos a información da forma máis correcta posible; pero si debemos pensar que os cidadáns cada son máis útiles para os xornalistas e para a adquisición de información. Deste xeito, o xornalista máis que buscar información, tal e como facía antano, deberá comprobar que os datos que lle proporcionan os cidadáns e correcta ou non, e mediar así entre o público e a información.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: