A sexualidade na sociedade do s.XXI

Está preparada a sociedade para os novos roles sexuais? A sexualidade define quen somos? É tan diferente o feminino do masculino?

Na conferencia sobre a sexualidade no siglo XXI, a conferenciante e feminista Lucía Vázquez quixo deixar claro que aínda vivimos nunha sociedade machista, “unha sociedade que nos marca roles de xéneros que nos condicionan dende antes incluso de nacer”. Segundo Lucía Vázquez, todas as normas que as democracias aprovan a pro da igualdade de xéneros son só un “parche” e non sirven para cambiar a concienciación das persoas. “Somos unha sociedade machista, heterosexista e patriarcal, polo que é necesario concienciar a toda a sociedade para que ningún homosexual teña medo a recoñocer que o é”. Lucía Vázquez tamén quixo deixar claro que unha cousa é o sexo co que te identificas e outra a orientación sexual que teñas. “O caso dos transexuais é máis dificil de entender para a sociedade” e está menos amparado pola lei. L. Vázquez calificou de “chapuceira” a Lei de identidade de xénero e dixo que, en certa medida, os atrancos que pon eran os culpables de que moitas persoas se automedicasen e autohormonasen dando lugar a resultados desastrosos. Finalmente, Lucía Vázquez acababa a conferencia reivindicando que “todos deberíamos ser quen queremos ser sen ningún tipo de imposición“ e que “mentres o home siga sendo o imperante no sistema de poder, isto non cambiará”.

É esta a perspectiva dunha ultrafeminista ou é a reivindicación dunha verdade allea a moitos?

 TGP 2L

Posted on 27 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. Javier González Penedo

    Por moitos avances que se teñen producido ó longo destes últimos anos, indubidable segue a resultar a ausencia de equidade no tocante ó xénero. Son moitos os prexuízos, tanto directos coma indirectos, cos que se educan ós nenos de curtas idades, e isto en maior ou menor grao afecta á posterior vida mesma. Con todo, as melloras que teñen aparecido neste eido, inimaxinables décadas e décadas atrás, fan presaxiar, cando menos, un progreso constante, seguro e significativo. Aquí, como en todo, a tolerancia será o eixo base ó redor do que xirará toda concepción que teña lugar.

  2. Corrección Grupos 1-2

    Somos partidarios da teoría da envexa de pene das mulleres de Freud, pero precisamente porque ter pene supuxo, historicamente,unha posición aventaxada na xerarquía social. Do mesmo xeito, a homosexualidade latente en moitos homes vese cohibida polo feito dos enormes prexuízos que aínda existen na sociedade (a pesares dos xigantescos avances no ámbito da tolerancia sexual) cara este colectivo, ó non reunir os clásicos valores de virilidade ou arroxo que se atribúen ós homes.
    Existen,como ben sinala Javier, unha serie de feros condicionantes da conducta que encamiñan a conduta sexual cara certos eidos dende o berce. A liberdade sexual continúa, pois, a ser aínda un pouco utópica.

    En canto ó contido da conferencia: lembrade non dar soamente unha crónica de como evolucionou, senón tamén tentar amosar de certo xeito como vos afectaron as palabras de Lucía Vázquez.

  3. Lorena Riveiro Rodríguez

    A miña mestra de literatura no Bacharelato fíxonos un día reflexionar sobre esta cuestión. Ela dicía, ao igual que esta conferenciante, que dende pequenos se nos impoñen unhas regras de xogo en función do noso sexo. Ela dicía que era algo tremendamente palpable nas aulas, porque as rapazas sempre tiñan que estar ben sentadas e impecablemente vestidas, mentres que os nenos adoptaban posturas máis “despreocupadas” e vestían de sport sen problema algún. A rapaza que ía todos os días en chándal á escola sempre adoitaba ser tachada de machola, mentres que os rapaces podían por este modelo como algo natural. Ademais, se nos paramos a reflexionar, as mulleres sempre son asociadas coa sensibilidade (recordemos iso de “un home nunca chora”), e os homes limítanse a facer mostras de cariño unicamente no fútbol. Aí pódense dar palmaditas no cú uns aos outros, pódense bicar, rozar … pero, como é fútbol, é masculino. Logo, eses mesmos que se estiveron a toquetear no campo falan no vestiario da “maricón” que é fulanito por darlle un bico ao amigo; iso si, o outro non o fixo dentro do campo, que é onde iso está ben visto pola “virilidade” do macho. Con todo isto quero dicir que nós, inevitablemente, por estar inseridos nesta cultura, acabamos aceptando todas estas cousas como algo natural. As rapazas, cando van con uniforme, sempre van en saia; nace unha nena e regálaselle todo rosa, chora e dicimos “que mona” … Todas esas cousas están en nós máis que arraigadas, independentemente de que creamos no feminismo ou non, e por iso creo que o que vós expoñedes sobre a conferencia é máis que certo. A sociedade na que vivimos aínda é machista en moitas cousas, moitas máis das que nós mesmos podemos ver. Cando o fútbol non sexa só de homes e cando se poidan tocar o cú sen que sexa para celebrar un gol, ao mellor é que o conto cambiou.

  4. Lara Barreiro

    Eu creo que a lei neste caso vai por diante da sociedade. Moita lei de igualdade, que non vale para nada pois nin se aplica nin se sinte.
    Agora hai xente que se escudará na lei de igualdade e acusará a mulleres de chegar á súa posición gracias a esta (algo parecido pasa cos homosexais, que ainda que o recoñecemento legal é case pleno, o social non o é tnto, polo que as trabas se manteñen). Eu creo que non é o camiño. A sociedade ten que cambiar, non se pode cambiar a base de leis. Está ben que se prohiba a discriminación , pero tampouco estou dacordo coas medidas de discriminación positiva.

  5. Sandra Mourelos

    A actualidade ven marcada polo devir da historia, e se levamos séculos de machismo non podemos mudar esta concepción dun día para outro. Eu coincido con Javier en que se fixeron moitos avances xa, pero aínda queda moito por andar. Cada vez as novas xeracións son máis conscientes de que homes e mulleres teñen os mesmos dereitos, e que a orientación sexual de cada quen é cousa de cada quen, e que se unha peroa é homosexual non lle fai dano a ninguén. Xa teño escoitado unhas cantas veces iso de que “dende que os homosexuais poden casar non hai máis ca xente que sae do armario” e que “ser homosexual está de moda”, pero sempre provén de xente maior que non se dá conta de que cada quen é libre de vivir a súa secualidade como queira. O mesmo ocorre cos transexuais, porque ninguén é capaz de intentar sequera poñerse por un momento na pel daquel que vive nun corpo que non sinte seu.
    Todos debriamos poder vivir seguros de nós mesmos, e sabendo que por gustarnos este ou aquel non vamos a estar discriminados ou marxinados. Pero está claro que aínda hai moito camio por andar, pero tampouco hai que ser pesimista, e hai que saber darse de conta de que as cousas están mudando aínda que sea despacio, e que xa se conseguiron cousas que, como di algún dos meus compañeiros, hai décadas se crían imposibles.

  6. Ángel Miranda Ramos

    Tal e como din moitos dos meus compañeiros, foi moito o que se fixo ao longo destes anos para que todas as persoas gocen dos mesmos dereitos independentemente da orientación sexual que teñan. Pero tamén é ben certo que aínda queda moito por facer e que a sociedade non mudou todo o que debera, algo comprensible, posto que foron moitos os anos de represión os que viviron estas persoas, e moitas as décadas nas que se consideraban enfermos aos homosexuais. Deste xeito, pódese entender que algunha xente maior non asimile que dúas persoas do mesmo sexo poidan formar unha parella; o que xa non é tan normal é que a xente nova siga a manter estes prexuízos, cando en teoría estamos moito máis abertos de mente.A orientación sexual dunha persoa non é algo que teñamos que cuestionar, penso que cada quen é libre de deitarse con que lle pareza, e iso non ten porque afectar á relación de día a día que poidamos manter con ela. Débemos dar igual con que se deite ou con quen se levante, posto que nós non estamos aí, nesa situación, polo que non nos debe importar se é un home ou unha muller, se é louro ou moreno, se é alto ou baixo, … nós o que temos que ter en conta é como é esa persoa como amigo, como compañeiro de traballo, como primo, como veciño, etc o resto danos igual. A veces parece que a sociedade en lugar de ir cara adiante vai cara atrás, observando os comentarios de algúns individuos.
    A homosexualidade é algo que existiu sempre, mesmo os romanos fai xa 2000 anos, practicaban relacións homosexuais e era visto como algo normal, e resulta que agora 2000 anos despois é cando o cuestionamos?Aínda queda moito por andar para chegar ata o punto de que a orientación sexual de cada quen só lle importe a esa persoa, e que os demais o acepten tal como é, que non se sorprendan, cando en verdade é algo natural e normal.
    Para isto, é preciso que os medios de comunicación deixen de tratar a homosexualidade como algo illado e que se debe tocar como se fose doutro mundo, tal e como fai o diario El Mundo, o cal cada ano saca unha lista dos 20 homosexuais más influíntes. A verdade é que a cousas así non lle vexo lóxica. Por que non sacan tamén a dos 20 heterosexuais máis influíntes, a dos gatos máis gordos, ou a dos políticos máis corruptos?

  7. O certo é que, a pesares de estar en pleno século XXI, como dicía a conferenciante, aínda hai moito que cambiar e a sociedade ten moito ao que adaptarse no tema da sexualidade. Presumimos de ser tolerantes porque a sociedade actual parece invitarnos a pensar así, pero no fondo non todos son totalmente tolerantes. Quizáis haxa que esperar a que o tempo sexa o mellor remdio para acadar unha sociedade na que a homosexualidade e transexualidade estea tan aceptada que non sexa máis obxecto de debate.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: