Conclusións radiofónicas: XEPET e Radio Gazelle

Tanto Radio Gazelle como La Voz de los Mayas son emisoras comunitarias que se financian grazas ás axudas do Estado. No caso da francesa, o Estado francés aporta a través dunha serie de fondos e axudas variadas, arredor dos dous terzos do capital da emisora (valorado en 120.000 euros), mentres que o diñeiro restante se obtén de axudas e doazóns persoais dos interesados. XEPET desenvólvese a través do Goberno Federal, cunha clara vontade instrutiva e educativa para a poboación malla que cubre a emisora. Este feito, polo que poida supoñer a priori, non chega a afectar nin a postergar os contidos primixenios das emisoras.

Slah Labidi nun dos programas de Radio Gazelle

 
  A independencia na liña dogmática de Radio Gazelle está fortemente arraigada desde os seus inicios nas mans duns mozos magrebís, na cultura norárabe (a relación que se transmite sobre o goberno francés é a do semi-opresor da cidadanía musulmana pese a vivir nun país laico). Pese á súa presentación de radio multicultural, a presenza do árabe non se corresponde ó que manifestan dun 30%, e supérao. Nas recentes escoitas, os contidos eran totalmente sobre música popular árabe e noticias sobre a Guerra de Libia e a situación de Túnez desde unha visión local, na que a cidade de Marsella pasaba a un segundo plano (aínda que non faltan os contidos en italiano e castelán).

  
Retransmisión en directo de La Voz de los Mayas

En  XEPET, os contidos están totalmente programados polo goberno mexicano a través das institucións ás que se lle transfire o poder como o INI e o CNI que teñen subdelegados para todas as provincias mexicanas. No caso de Yucatán, a responsable do CNI é Diana Canto Moreno e a encargada na delegación da área de comunicación social é Nelly Alonzo. Porén, a vida cotiá do pobo malla chega a ser suficiente para completar os contidos da emisora. Búscase a participación cidadá non só a través de chamadas en directo e contacto directo como fai Radio Gazelle, senón que ademais, chegan a elaborar obradoiros durante semanas polas vilas para coñecer de primeira man os intereses dos seus oíntes e a entrevistarse cos líderes locais para coñecer as súas preferencias e a súa análise anual da emisora (este labor realízase tendo en conta que tamén é un deber de preservar as culturas indíxenas recollido na Constitución Mexicana). As causas ás que están adscritas son o desenvolvemento da cultura malla por parte de XEPET, e dar liberdade, voz e coñecemento da actualidade ós membros das comunidades marsellesas doutros países por parte de Radio Gazelle.

Nestes dous exemplos de emisoras comunitarias, móstranse as necesidades de comunicación e de pertenza a unha sociedade que teñen as comunidades minoritarias nunha época na que os territorios e as fronteiras desapareceron como tal. 

Fariña Santos, CL4X

Posted on 27 Abril, 2011, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: