Blogs e os medios de comunicación

O día 14 de abril o grupo 4V acudiu a unha conferencia nesta facultade titulada “Os blogs como medios de comunicación”. Os 3 conferenciantes eran Ramón Nogueira, cuxo nome do blog é Flores Versadas; Dores Tembrás que ten un blog co seu mesmo nome e Manuel Gago que abriu o blog Capítulo Cero. O primeiro dos tres en falar foi Ramón Nogueira quen simplemente nos falou da súa experiencia persoal e dos campos que lle abriu, pois sacou un libro despois de abrir o seu blog. Seguidamente Dores Tembrás, profesora de filoloxía e poetisa tamén nos contou a súa experiencia e tratou conceptos tan importantes para ela como o feedback, a inmediatez, a problemática liberdade-autocensura e o feito de ser a única responsable de todo o que publica… Todos estes temas son moi importantes para ela como escritora xa que o as respostas tamén lle servían de inspiración á hora de escribir. O último en falar foi Manuel Gago, profesor desta facultade e que nos falou da importancia dos blogs para darse a coñecer neste mundo (enténdese, o mundo do xornalismo). O blog trata sobre todo de tres temas fundamentais: a gastronomía, a historia e a antropoloxía. Tamén nos contou, como experiencia persoal, que agora xa se fan escritos por e para o blog porque antes simplemente se escribía no blog o que xa se escribira para o soporte en que foran estar os teus textos, noticias, etc… Foi unha conferencia interesante e completa, na nosa opinión.

Grupo TGP: 4V

Posted on 28 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Una conferencia interesante y completa, a la que vosotros asistísteis, pero la gran mayoría de nosotros, no. Así que como periodistas, os pedimos que no sólo nos digáis sobre qué hablaron los conferenciantes (algo obviamente fundamental y necesario) sino que también nos comentéis vuestras impresiones y reflexiones sobre lo que allí se dijo, y que, a poder ser, lo relacionéis con la materia de alguna manera (siempre se puede, ¿dónde encontramos algo que no se base en la comunicación?). Internet y los blogs son ahora un tema reiterado y en auge, y aunque oímos continuamente multitud de opiniones, hoy nos faltó leer las vuestras.

  2. Bueno, como xa dixemos na última linea, resultou unha conferencia completa e interesante, porque a pesar de non ser excesivamente longa, tratáronse moitos conceptos. E certo que os blogs están de moda e ademais son do máis variados. Poden ir dende temas concretos de cada un, contar o mundo da vida propio ós demais, ou mostrar as túas investigacións e achados propios tal e como contaba o profesor Manuel Gago. Todo depende de cada un. Na nosa opinión existen moitos tipos de blogs diferentes case, tanto como persoas que posúe un blog, porque cada unha lle dará unha visión especial.

    María Vilela Montecelo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: