Mariana por debaixo da ponte

Nas proximidades do terminal turístico da cidade de Mariana – Minas Gerais, às margens do Ribeirão do Carmo – que corta o município – encontramos moradores de rua instalados debaixo da ponte. Essas pessoas adotaram o local como lar. A situação, apesar de cotidiana, passa despercebida os olhos de quem por ali transita.

Nos aproximamos para conhecê-los e saber suas histórias de vida. Um deles, Fabiano Vicente Phillipe, se mostrou arredio e desconfortável com nossa abordagem; porém relatou sua opinião quanto ao fato da discriminação sofrida por eles e quanto ao descaso das autoridades em relação a condição de vida que têm.

Outra moradora entrevistada, Helenice, mãe de uma menina formada pelo CEFET-OP, nos contou que, embora tenha uma casa, começou a ficar na rua após o término de seu casamento de dezesseis anos e a morte da sua mãe.

O último morador a ser entrevistado, João Bosco dos Santos, relatou que foi morar na rua depois de ser demitido de uma empresa que prestava serviços para a Samarco, expecializada em mineração, e apresentou vontade de retormar sua vida trabalhista.

Os três entrevistados demonstraram insatisfação e incômodo por viverem naquela situação de abandono e descaso social e almejam uma vida melhor e digna.

Bruna Lapa, Flávia Firmo, Lara, Laura, Tatiana e Rosana

Posted on 28 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. 10 Comentarios.

  1. Lucía Caride Nimes

    Me parece muy adecuada la forma de abordar este tema, no cayendo en tópicos ni hablando sin saber, sino acercándoos a conocer de primera mano situaciones como las de esas personas; situaciones que, por desgracia, podemos ver en cualquier lugar y que como vosotros decís o no reparamos en ellas o nos hacemos los ciegos para no ver la realidad que nos rodea.

  2. Juan Manuel Serrano

    E só foi un dos tres entrevistados o que se dispuña a volver ó mercado laboral? Supoño que a pesares da vida que levan todos están buscando algunha forma para manterse dunha maneira mellor, aínda que sexa dificultoso atopar algo polos prexuízos que te pode provocar estar “desvivindo” debaixo dunha ponte.

    Moi bo traballo, gustoume moito, e espero que sigan porque así apréndense mil historias e todas MOI diferentes.

  3. Diego Fonseca Rodríguez

    Sí, estou de acordo co que din os meus compañeiros. Detrás de cada unha destas persoas existe unha historia distinta que poder contar. A clave para poder escoitalas é ir a rúa e gañarse a súa confianza para que sexan capaces de compartir as súas experiencias. Non sei se realmente estamos cegos ou non nos queremos dar conta de esta realidade paralela á nosa, pero o certo é que están ahí. Eu fun unha das persoas que fixo traballo de voluntariado e é incrible, no sentido negativo da palabra, que existan tantas persoas que sofren isto día a día.

  4. María Glez Salpurido

    As tres entrevistas revelan que as razóns que os levan a estar na rúa son diferentes, que pese a compartir a etiqueta social de “sen teito” a situación persoal de cadaquén e as razóns que os levaron a estar na rúa varían segundo a persoa. Algo do que o meu grupo e eu xa demos conta no noso TGA, centrado neles, nos sen teito.
    As reaccións deles ás nosas entrevistas tamén non son iguais en todos, aínda que na meirande parte consideránse invadidos. O lugar idóneo para obter testemuños é xusto onde vós os atopastes, na rúa, posto que nos albergues é máis difícil lograr que nos conten algo, sobre todo das súas condicións, e porque a súa maneira de comportarse é tamén diferente, condicionada posiblemente polas normas do propio centro.

  5. Lorena Riveiro Rodríguez

    Paréceme moi interesante que vos propuxerades coñecer algo máis da vida destas persoas e non ficar ollando para eles con cara de pena como adoitamos facer todos normalmente. Aquí, a pesar de que sempre houbo xente pedindo, cada día se ven máis persoas a pé de rúa e, cando reparas en que realmente están aí, caes na conta de que iso tamén che pode pasar a ti e en que eles, de seguro, tamén teñen moito que contar. Parabéns por achegarvos a eles e tamén por achegárnolos a nós.

  6. Alejandro Salse Batán

    Coincido nos parabéns coa miña compañeira Lorena. Non é doado acordarse botar unha ollada ós demais de vez en cando, é máis se estes viven na rúa. Cruzámonos con eles cada día, incluso varias veces, e para nós son invisibles, ou un elemento máis da rúa. Pero seguen sendo persoas, seguen tendo ideas, intencións e soños.

    É moi interesante ler de vez en cando como algúns non se esquecen de que non ter fogar non significa non existir.

  7. Javier González Penedo

    Desgraciadamente este tipo de situacións son demasiado típicas e frecuentes, e á vez, ignoradas e menosprezadas. Soamente o coñecemento dende a observación e maila experiencia poden deixar en disposición a calquera terceira persoa de opinar e comprender os entresixos que ese “mundo”, simultáneamente alleo e próximo, agocha tras de si. Alabable sempre é atopar voces que falen dende as vivencias e non dende simples suposicións. Parabéns.

  8. Ángel Miranda Ramos

    Parabéns polo voso traballo. Resulta moi interesante o que fixestes e por elo douvos as grazas por achegarnos un pouco máis a estas persoas que cama ben di a miña compañeira Lorena, cada vez son máis, por desgraza, as persoas que se atopan nesta situación. Por este motivo temos que pensar que calquera persoa pode acharse nesa situación dun día para outro, e moito máis hoxe en día coa situación económica que estamos a atravesar, que fai que moita xente perda o seu posto de traballo e o seu fogar. Con isto quero dicir que debemos reflexionar no trato que a veces se lle outorga a estas persoas e intentar mudalo, posto que calquera de nós podemos acabar nesta situación. Tamén me gustaría tratar que moitas destas persoas están así de forma accidental, e outros sen embargo están así por obrigación, son vítimas de mafias que cada mañá distribúen por diferentes puntos da cidade persoas coma se fose instrumentos de traballo, que teñen como único fin recadar cartos para estas mafias que a cambio lle dan un prato de comida. Esta é unha situación real, que está acontecer nas nosas cidades e da que debemos reflexionar, ademais de agardar de que a xustiza tome medidas legais, para evitar así que estas persoas sexan explotadas.

  9. Alejandro López Carballeira

    Grazas polo artigo compañeiros,
    A realidade da pobreza está presente en tódolos países do mundo, e o máis grave, e que lonxe de extinguirse, increméntase coa crise económica.
    Son da opinión dos meus compañeiros cando falan da importancia de coñecer as historias das persoas como único método para aproximarse ao fenómeno da pobreza e dos sen teito.
    Na nosa asignatura de comunicación, moitos grupos traballamos o tema das persoas excluidas, unha categoría moi ampla da que logramos extraer boas conclusións e experiencias.
    Grazas de novo pola vosa aportación.

  10. Coincido cos meus compañeiros no bó do traballo. É preciso que máis xente faga o que vós fixestedes pois o único xeito de poder cambiar a situación de despreocupación que existe agora na sociedade de cara aos sen teito é a través de traballos semellantes nos que se poidan achegar as situacións persoais de cada un destes sen teito como facedes vós connosco e así poder reflexionar sobre o que as leva a caer nesta forma de “vida” para darse conta de que todos podemos precisar algún día de axuda e darnos conta tamén de que eles a precisan agora e que debemos de axudar como poidamos. As tres entrevistas son un claro exemplo de como persoas cunha vida máis ou menos confortable sofren un revés e caen na pobreza, tendo que vivir onde nunca pensaron que terían que facelo pois coma nós o vían dende fóra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: