Daily Archives: 29 Abril, 2011

“Unha lingua, un mundo”

A conferencia “unha lingua, un mundo” marcou o comezo das II Xornadas da Mocidade Galega “A Nación 2.0”. Unha conferencia na que se levaba a análise a situación social e política de Galiza, Portugal e do Brasil. O centro da conferencia foi sen dúbida a lusofonía e as ligazóns propias destes tres territorios.

Jeanne Pereira, representante do Partido dos Trabalhadores do Brasil, foi a responsable de abrir a conferencia falando do apoio do seu partido á causa galega e tomando como referencia interna o nacionalismo. A propia Pereira afirmou sen dubidar que a lingua galega é internacional e que “Galiza nao é Espanha”.

Pola súa parte a deputada do Bloco de Esquerda de Portugal, Catarina Martins,  denunciou a distancia entre Portugal e Galiza, a pesar de falar tamén das semellanzas que hai entre a lingua portuguesa e galega en canto á opresión se refire, destacando que non se poden obviar os dereitos culturais dun país. Read the rest of this entry

Radios comunitarias dende asociacións

Radio Guiniguada é unha emisora española,  fundada en 1985 en Gran Canaria (Canarias) cunha finalidade  social. Caracterízase por non ter carácter comercial de ningún tipo (non emite cuñas publicitarias), financiándose  só a través de das cotas dos seus propios socios ou colectivos asociados. Defínese coma  radio comunitaria e social. A súa programación  caracterízase por contidos sociais cunha clara liña de  esquerda, realizando programas diversos colectivos socio-políticos. Difunde tamén o  informativo internacional  Más voces  de la Unión de Radios Comunitarias de Madrid, e Contacto Sur de ALER, Asociación Latino Americana de Educación Radiofónica.

Emite polo 105.9 F.M., e pode ser escoitada en Gran Canaria, Fuerteventura, Sahara, Madeira Sur, Cabo Verde Norte, Tenerife Centro, Sur e Capital, San Sebastián da Gomera, Valverde no Hierro e algunhas zonas de La Palma. Tamén conta cunha emisión on-line a través da súa páxina web (http://www.radioguiniguada.com).

Radio Bajo Flores é o medio de comunicación comunitario dun dos barrios máis pobres do sur da cidade de Bos Aires. Dende hai 14 anos este medio é conducido e dirixido por veciños e veciñas tanto do barrio Bajo Flores coma de outros próximos. Isto é posible mediante o establecemento de organizacións, institucións veciñais e actores representativos da comunidade.

Pola contra Radio Guiniguada é o proxecto bandeira dunha única asociación, Asociación Cultural Guiniguada. Mentres que en Bajo Flores converxen varias, sendo a súa particularidade a variedade de cultural xa que conviven arxentinos, bolivianos, paraguaios e peruanos. Este contexto introduce unha notable diferenza, xa que nesta segunda radio desenvolverase a finalidade de “cambiar o modelo de exclusión do que somos os principais prexudicados”, afirman.

Salvando esta diferenza, ámbalas dúas avogan por unha transformación radical da sociedade e por unha vida  máis xusta e se definen como un espazo de comunicación, formación e encontro de persoas e colectivos sociais baixo un principio étnicos concretos.

Lorena Ruibal CL4X