“Unha lingua, un mundo”

A conferencia “unha lingua, un mundo” marcou o comezo das II Xornadas da Mocidade Galega “A Nación 2.0”. Unha conferencia na que se levaba a análise a situación social e política de Galiza, Portugal e do Brasil. O centro da conferencia foi sen dúbida a lusofonía e as ligazóns propias destes tres territorios.

Jeanne Pereira, representante do Partido dos Trabalhadores do Brasil, foi a responsable de abrir a conferencia falando do apoio do seu partido á causa galega e tomando como referencia interna o nacionalismo. A propia Pereira afirmou sen dubidar que a lingua galega é internacional e que “Galiza nao é Espanha”.

Pola súa parte a deputada do Bloco de Esquerda de Portugal, Catarina Martins,  denunciou a distancia entre Portugal e Galiza, a pesar de falar tamén das semellanzas que hai entre a lingua portuguesa e galega en canto á opresión se refire, destacando que non se poden obviar os dereitos culturais dun país. Tras Catarina Martins, Ana Miranda, futura Eurodeputada do BNG, falou do positivo do debate entre a lusofonía e Galiza e afirmou que esta última é un país sen Estado que ten os seus propios problemas aos que todos debemos atender. Tamén tivo tempo para facer un guiño ao pobo Libio.

Xa en última instancia, a coordinadora executiva do BNG, Teresa Táboas foi a responsable de pechar a conferencia aludindo a mocidade pois según ela “mentres haxa mocidade nacionalista, haberá nación”. Aludiu deste xeito a acción da mocidade como base do cambio pois dixo que “hai que ser verdadeiramente nacionalista para ser universal”.

Que pensades acerca desta última afirmación? Estades de acordo con ela?

TGP 2L

Posted on 29 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Correción Grupos 1-2

    Bo resumo da conferencia. Pero, ademais de louvar o idioma e cultura galegos (moi dignos de louva), afondaron tamén no que están a facer mal ou deberían mellorar para posicionar á lingua e cultura galegas no lugar que lles corresponde?

  2. A conferencia centrouse principalmente na labor que están a facer a prol da lingua galega, pero apenas falaron do que deberían mellorar pois dende os seus comentarios era visible que consideraban adecuada e por bó camiño a labor que están a desenvolver e que non consideraban nin un cambio nin unha mellora como posibles.

  3. Correción Grupos 1-2

    Grazas pola resposta.

  4. Cristina Méndez Salgado

    Eu penso que a existencia da globalización vén dada pola existencia de minorías descoñecidas para nós que coñecemos por curiosidade. Pero penso que non se debe esaxerar ningún dos dous termos porque a globalización non é nada sen o nacionalismo e viceversa. Penso que a propaganda política a fan aqueles que teñen unha situación económica estable e con outras fontes de ingresos, pero non deberíamos esquecer que quizás a situación de primacía que Cataluña ten hoxe en día se debe a que o Estado invertiu nela. Polo tanto penso que se se quere a independencia deberíase aceptar o feito de que non poderían recibir axudas estatais e que deberían devolver as recibidas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: