A Nación 2.0

A piques de rematar as nosas horas de conferencias, decidimos adicar as tardes do 12 e o 14 de abril na serie de conferencias “A Nación 2.0”, xornadas organizadas pola Mocidade Nacionalista Galega. Os temas destas conferencias foron moi diversos, pero case todos eles orientados á crítica social e, na súa maioría, localizados na nosa comunidade.

Comezamos cun tema para nós descoñecido: o altermundismo, con poñencias de personalidades como Xabier Macías, da Fundación Galiza Sempre. Esta conferencia foi probablemente a máis comprometida para os poñentes, polas preguntas sobre a ideoloxía xeral do altermundismo.

A segunda das conferencias foi unha exploración da nosa lingua a nivel internacional, especialmente na Rede, co profesional Silvio Falcón.

O día 14 chegamos á facultade de Ciencias Políticas para escoitar unha poñencia sobre os novos modelos de economía produtiva, dúas horas certamente densas, que se compensaron a continuación coa conferencia sobre identidade sexual. Homofobia e transfobia como eixo central dunha charla marcda pola actualidade e polas historias humanas.

En total, sete horas de intervencións que quizáis non aproveitamos plenamente pero das que si podemos obter algunha conclusión. TGP 1A

Posted on 3 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: