O xornalista funcionario

Este venres 7 de maio o grupo de TGP 1A exporemos o traballo “A comunicación “utópica” de TVE-Galicia”, do TGA 1B1, e achegarémosvos os puntos máis interesantes da labor de investigación dos nosos compañeiros.

O grande interese deste traballo atópase nas valoracións feitas despois dunha sesuda observación directa nas redaccións da TVE-Galicia. Como se prepara a desconexión autonómica? Cales son as tarefas dun xornalista de televisión? E non só acharemos unha resposta a todas estas cuestións, senón que tamén tentaremos desmitificar o oficio para o que nos estamos a preparar. No noso futuro profesional, que habilidades son as que máis contan? Cal é o ambente de traballo entre xornalistas? “A comunicación “utópica” de TVE-Galicia” define tamén os ritmos aos que están sometidos estes xornalistas tendo en conta que son empregados do Estado. Como opera un funcionario ao servizo da información?

O grupo TGP 1A agarda, na vindeira exposición, poder trasladar o espírito de investigación do TGA 1B1 e a realidade sobre a nosa profesión a todos vos.

TGP 1A

Posted on 4 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Blanca Tejero

    Quizás el problema es precisamente la concepción del periodista funcionario… algunos compañeros hablaron de que era “lógico” que un periodista sabiendo que va a cobrar de todas maneras haga un trabajo mediocre… Yo soy de las que piensa que si ya te has pasado horas y horas estudiando una carrera, luego una oposición, etc… será porque por lo menos te gusta lo que haces, y qué mejor satisfacción que hacer algo que te gusta bien?
    Otro de los temas que me llamó la atención es el “individualismo” que existe en TVE en Galicia, parece ser, como nos comunicasteis vosotros, que no hay conexión entre los redactores, los productores, etc… cierto es que un redactor hace un producto propio que luego tendrá que conectar de alguna manera con el de sus compañeros, para poder crear un informativo de “calidad” o por lo menos coherente… ¿Cómo es posible que sin haber esa comunicación entre los miembros de TVE tengamos telediario todos los días?

  2. Eu non estou moi de acordo coa miña compañeira Blanca. Non creo que o feito de que un xornalista sexa funcionario sexa máis desmobilizador que estar nunha canle privada cobrando un soldo miserable. Vale que no primeiro caso coma funcionario teñas asegurado o soldo, mais esa confianza desmedida en que o privado funciona por regra mellor é un mito sen sentido. Máis aínda, as presións dos grupos económicos que integran a xunta de accionistas das cadeas privadas así coma a presión dos anunciantes limitan enormemente a liberdade do xornalista á hora de realizar o seu oficio, o que considero bastante máis desmotivador ca ser un funcionario do estado. Con todo, é evidente que existe unha certa atrofia por parte de moitos funcionarios, porén, no caso dos funcionarios-xornalistas de TVE-Galicia é pola pouca audiencia do informativo e asemade pola pouca presenza de acontecementos do país galego no informativo principal de TVE (cousa terrible, por certo).
    Ora ben, non estou a defender que un medio por ser público funcione mellor. Toda canle, quer pública, quer privada, ten os seus intereses e a súa liña editorial. Así e todo, penso que é indiscutible que os informativos da primeira son os que mellor responden aos estándares de calidade xornalística. Ben é certo que teñen maiores orzamentos, pero sen dúbida están moi ben aproveitados. Botemos unha ollada á época de Urdazi: iguais orzamentos, mais un produto informativo ben malo. A TVE asumiu o seu papel de servizo aos cidadáns e está a cumprir con el.

  3. Ángel Miranda Ramos

    Persoalmente non creo que os xornalistas que son funcionarios traballen menos que os outros compañeiros que traballan en canles privadas. Creo que a cuestión reside no comportamento ou na forma de ser de cada un. Hai xornalistas que están nunha canle pública e que non pegan pancada e outros que traballan en medios privados e desenvolven a mesma acción. Outros, nembargante, si son profesionais e esfórzanse no seu traballo e desempeñan o seu labor en canles públicas e en canles privadas, polo que non inflúe que traballen para o Estado ou para un empresario, senón se é ou non un bo profesional. O que pode pasar nos medios privados é que os xornalistas traballan máis estresados, porque o traballo que deberían facer 10 xornalistas fano 5, detalles da privatización, cousa que na canle pública sucede ao sentido inverso, o traballo de 5 xornalistas fano10. A pesar de toda esta reflexión que fixen debo dicir que o mellor informativo que hoxe en día pode ver nos medios españois, está realizado por unha canle pública. Así, TVE é a canle que, dende a miña opinión, mellor lle proporciona aos cidadáns o dereito a informarse.

  4. Estou totalmente de acordo cos compañeiros de arriba. Estamos nun momento moi perigoso no que dende moitos sectores da sociedade tentase por unha mancha escura enriba do funcionariado. Que o funcionariado non funciona a perfección? Correcto. Que pode ser un recuncho no que se esconden os vagos? Correcto. Pero non se pode xeneralizar nin de lonxe. Incluso hoxe en dia, no momento en que vivimos, a televisión pública estatal parece o escondite perfecto para xornalistas íntegros e profesionais. Xornalistas que traballan felices porque teñen soldo asegurado e non teñen presión economicas de anunciantes. Xornalistas que poden denunicar as inxustizas sen medo a ser despedidos. Sen dubida, se me dan a elexir entre traballar hoxe en dia en Tele5 ou TVE quedome con TVE. Os funcionarios non son o demo.

  1. Pingback: O blog reactívase! | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: